Site icon Crónica3.com A Mariña

Incremento de visitantes e de negocio na II Feira de Antigüidades de Burela

BURELA (FNC) .- O responsable de Turismo, José González Legazpi fai unha valoración positiva e satisfactoria da II Feira de Antigüedades e Coleccionismo que se celebrou en Burela desde o 14 ao 17 deste mes de agosto. O edil nacionalista asegura que “posibilitou o achegamento de moitas persoas ao noso concello transformando unha vez máis a Burela como referente comarcal dentro dunha fin de semana ateigada de celebracions e festexos na comarca de A Mariña”.

González Legazpi sinala que “si o pasado venres abría esta II Feira de Antigüidades e Coleccionismo de Burela, con vintecinco anticuarios, oito máis que na pasada edición, ao remate da mesma, o luns, as expectativas atopábanse sobradamente cumpridas, xa que logo, o número de visitantes estivo algo por encima do pasado ano, acadándose as cinco mil persoas, e tendo a valoración de negocio un significativo incremento, o que representa un claro afianzamento de cara á consolidación deste certame. Os expositores agradeceron o apoio do Concello de Burela a través da súa Delegación de Industria, Comercio e Turismo”.

José González Legazpi destaca tamén que “este certame proxectou sen dúbida algunha a divulgación do noso concello, en tanto que durante varios días estiveron en Burela persoas de moitos lugares de España e de países de UE, incluso algúns se quedaraon uns días máis para gozar das nosas praias, e da nosa gastronomía principalmente”. O concelleiro de Turismo engade que “ademais o evento tivo ampla relevancia en ámbitos indistintos, como consecuencia diso, e tamén da presenza desta II Feira de Antigüidades e Coleccionismo de Burela no programa A Revista da TVG , que estivo presente no recinto cunha unidade móbil, dando entradas en directo en distintas ocasións do desenvolvemento da feira. En definitiva, a II Feira de Antigüidades e Coleccionismo remata cunha positiva valoración, cumpríndose as expectativas de visitantes e incrementándose notablemente a valorización de negocio e contactos, o que representa un claro afianzamento de cara á consolidación deste certame. Un evento que representa para o noso concello un avance claro e determinante no eido socioeconómico e turístico, e que de seguro motivará a necesidade de análise dunha localización axeitada para un desenvolvemento apropiado de vindeiras edicións”.

Exit mobile version