Site icon Crónica3.com A Mariña

Máis de 200 persoas participaron no día do mar celebrado en Burela

BURELA (FNC) .- Máis de 200 persoas participaron no Día do mar celebrado o pasado sábado en Burela. Segundo a edil, Remedios López Villar, “pola mañá acudiron nenos menores de 14 anos e xa pola tarde uníronse de todas as idades, incluso pais e nais. As actividades que tiveron máis éxito foron o donus acuático e a moto de auga, onde os asistentes puideron dar paseos durante todo o día”. A concelleira de Mar segue a relatar que “os máis difíciles foron o esquí acuático e o body board, xa que poucos lograron poñerse de pé, ainda que foron moitos os que o intentaron”.

A empresa Hola!Ola de Ribadeo acudiu con 100 traxes de neopreno, chalecos salvavidas, cinco monitores profesionais e “todo o material necesario para desenrolar as actividades. Ademáis desde o Concello aportamos dous monitores da área de Deportes”, conta Remedios López Villar. A concelleira socialista suliña que “todas as probas foron un éxito, as condicións metereolóxicas estiveron ao noso favor e a xente volcóuse en participar, polo que desde a Concellaría de Mar comprometémonos a organizar outro Día do mar o ano que ven”.

Exit mobile version