Site icon Crónica3.com A Mariña

O alcalde de Ribadeo pide á Xunta e a BEGASA que eviten a morte de aves nos cables do tendido eléctrico

RIBADEO (FNC) .-  O alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez, enviou sendos escritos á Consellería de Infraestructuras, Territorio e Medio Ambiente e a Begase para evitar que algunhas aves protexidas morran electrocutadas cando se apoian nos postes do tendido eléctrico. O rexedor contou que “as administracións públicas debemos actuar para que estas cousas non volten a producirse, e digo esto porque me pasou a min en primeira persoa, xa que indo á altura de Porto pola estrada N-624 de Ribadeo-A Veiga, poidemos ver varias persoas e máis eu como unha ave rapaz que tentaba emprender vó cando estaba pousada nunha liña eléctrica caía electrocutada por tocar as súas ás con outro cable. Como estábamos por alí cerca fumos ver como se atopaba, pero o máis grave e que vimos que había outra ave rapaz alí tamén morta, e previsiblemente electrocutada”.
Suárez Barcia dirixíuse “hai uns días tanto á compañía eléctrica (Begasa) como á Consellería de Medio Ambiente ás que lles enviei sendos escritos pedíndolles que tomen cartas no asunto para que estas situacións non volten a producirse. Haberá que realizar operacións de aislado dos cables e intervencións nos postes, pero son traballos doados e de pouco custe e cos que poderíamos conseguir que estas situacións non volten a darse, dado que o territorio de Ribadeo e especialmente o ámbito da ría forma parte da Reserva da Biosfera, do convenio internacional RAMSAR e está incluida na zona ZEPA (zona especial de protección de aves) e hai que tentar que esto non volte a producirse”.
O alcalde de Ribadeo agarda que a Xunta e Begasa actúen de inmediato para evitar que volten morrer aves electrocutadas.

Exit mobile version