Site icon Crónica3.com A Mariña

O campo de fútbol de As Valgas acolle en Barreiros o “XXVIII Festival do emigrante”

BARREIROS (FNC) .- O campo de fútbol de As Valgas, en Barreiros, acollerá o vindeiro sábado 8 de agosto, o XXVIII Festival do Emigrante que dará comenzo ás 22:00 horas. Participarán grupos procedentes de Sri Lanka, República Soviética de Mari-El, Valdepeñas e O Arco da Vella, asociación organizadora xunto co Concello barreirense. Ao remate do festival haberá verbena.

Ademáis pola mañá a Praza do Souto será escenario a IV Feira Artesanal de Barreiros. O alcalde, Alfonso Fuente Parga, convidou “a veciños e visitantes a disfrutar destas tradicionais citas, que ano a ano, reúnen a centos de persoas amantes da música e do folklore”.

Exit mobile version