Site icon Crónica3.com A Mariña

O concello de Barreiros traballa para solucionar os malos olores da depuradora de Reinante

BARREIROS (FNC) .- O Concello de Barreiros está a traballar estes días para solucionar os malos olores que desprende a depuradora de Reinante. O alcalde, Alfonso Fuente, agarda solventar o problema entre hoxe e mañá.

O rexedor barreirense explicou que “estamos a investigar os malos olores que se producen na depuradora de Reinante dado que a persoa que leva o seu mantemento por parte do Concello notou que había un cheiro estraño. Fixéronse as análises na saída da depuradora e dan correctos, o que indica que está traballando de forma correcta, pero sí que se están producindo malos olores provocados por algún verquido que chega polo saneamento e que desprende ese mal olor, como poden ser purines ou outros verquidos que son os que xeran este problema”.

Alfonso Fuente agarda que “entre hoxe e mañá teñamos esto solucionado, pero ás veces leva tempo investigar e chegar ó lugar exacto onde se pode producir o verquido”.

Exit mobile version