Site icon Crónica3.com A Mariña

Ribadeo pide que as autocaravanas respecten as normas de aparcamento na praia das Catedrais

RIBADEO (FNC) .- O concelleiro de Medio Ambiente, Horacio Cupeiro, pide aos autocaravanistas que fagan un bó uso do aparcadoiro provisional de As Catedrais e que se cingan ás normas e recomendacións da Asociación Galega de Autocaravanistas.

O edil nacionalista demanda “aos autocaravanistas que fagan un bó uso do aparcamento provisional de As Catedrais posto que non están cumprindo coas recomendacións dadas pola AGA, Asociación Galega de Autocaravanas. Ademais quero que fagan caso das sinais e horarios postos á entrada do aparcamento así como que deixen limpo alí onde aparcan”.

O delegado de Medio Ambiente, Horacio Cupeiro, sinalou que “os vehículos segundo o regulamento e as normas que temos deben descansar sobre os neumáticos, é dicir, sen barras estabilizadoras, nin cuñas de equilibrio, sen despregar elementos de acampada auxiliares que desborden o perímetro do vehículo, ademais de non verter líquidos ao exterior. Esta normativa é coñecida por todos eles, polo que lles pido encarecidamente que cumpran todas estas normas máis elementais para poder ter o aparcadoiro no mellor estado posible”.

Exit mobile version