Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Viveiro convoca o certame de pintura o aire libre “Pintar o aire do pasado”

VIVEIRO .- O Concello de Viveiro convoca o certame de pintura o aire libre “Pintar o aire do pasado” dotado con premios por importe de 1.100 euros. O tema das obra será as rúas e os monumentos históricos do casco antigo de Viveiro e o tempo de realización será de 10.00 a 20.00 horas os día 7 e o 8 de agosto.

Nota de Prensa

O Concello de Viveiro convoca o 5º Certame de Pintura ao aire libre “Pintar o aire do pasado” coa colaboración do Ámbito Cultural “El Cortés Inglés”
e o Centro Comercial Casco Histórico de Viveiro

BASES:

1.- Celebrarase en Viveiro  os días 7 e 8 de agosto de 2009.
2.- Poderán participar todos os pintores que o desexen, con unha única obra.
3.- O tema das obra será  as rúas e  os monumentos históricos do casco antigo de Viveiro.
4.-  A técnica a utilizar será totalmente libre, e as dimensións do formato da obra non será inferior a 51 x 35  cm  nin superior a 100 x 81cm. Debendo presentar  o soporte completamente en branco para o seu selado na parte posterior, sen ningún tipo de preparado e totalmente limpo.

5.- A inscripción será gratuita. E o prazo estará aberto ata o día  da celebración do certame.
Lugar: Departamento de cultura do Concello de Viveiro (Teatro Pastor Díaz),
en horario de 09.00 a 13:00 horas.
Teléfono: 982560162
6.-  O tempo de realización será de 10.00 a 20.00 horas os día 7 e o 8 de agosto. As obras recolleranse no Departamento de cultura (Teatro Pastor Díaz ) .
7.-  O pintor/a realizará a súa obra no mesmo sito que se representa.
8.- As obras non deberán ir firmadas, e no caso de ser premiada o autor comprométese a firmala.
9.- O xurado está composto por membros de recoñecido prestixio no mundo das artes, asi como representantes do Concello de Viveiro. O xurado comprométese  a non ver as obras ata que sexan recollidas pola organización, evitando  calquer contacto cos autores.
10.- A participación nesta convocatoria implica a aceptación das bases, asi como a decisión do Xurado, que é inapelable. o xurado poderá declaralo deserto cando a calidade dos traballos presentados sexa insuficiente.
11.- O horario das actividades  ó remate do concurso será :

Venres 7:

10.00 h.: Selado do material no Departamento de Cultura (Teatro Pastor Díaz)
20.00 horas do día 7 recollida das obras no Teatro Pastor Díaz.

Sábado 8: Os participantes que non remataron o traballo, poden facelo de 10.00 a 20.00 horas-
A entrega dos premios FARASE O DOMINGO  ÁS 12.30. HORAS

12.- Calquera caso non contemplado nas bases será resolto polo Xurado.

13.-  As obras premiadas quedarán a disposición do Concello,  que se reserva os dereitos de reprodución da obra.

14.- Os orixinais non premiados devolveránse aos autores ata ó día 14 de agosto en horario de 09.00 a 13.00 horas no Teatro Pastor Díaz.

15.- Premios:
1º premio: 600 €
2º premio: 300 €
3º premio: 200 €
A cantidade dos premios será indivisible

Exit mobile version