Site icon Crónica3.com A Mariña

O delegado de Turismo de Burela informa de axudas a mulleres e á establecementos turísticos

BURELA (FNC) .- A Delegación de Turismo de Burela da conta das axudas que publicou o DOG hai uns días destinadas ao emprendemento feminino (Programa EMEGA) e tamén á empresa privada para a creación e mellora de establecementos turísticos.
José González Legazpi sinala que “resulta destacable na resolución que recolle as axudas destinadas ao emprendemento femenino, a importancia que representan os programas de estímulo ás mulleres emprendedoras, apoiándoas mediante a concesión dunha serie de partidas económicas para que se establezan como empresarias e deste xeito acaden a súa propia promoción e contribúan á creación de postos de traballo, determinando os fundamentos básicos desta resolución que recolle as bases que regulan as Axudas deste programa EMEGA, e que posiblemente cobran especial relevancia nun momento de crise económica como o actual. Desenvolve estas resolucións o Servizo Galego de Promoción da Igualdade do Home e da Muller”.
O edil nacionalista engade e destaca que “de igual modo e con fundamentación na dinamización das distintas comunidades rurais  no senso de revitalizar o turismo neste medio e de  fomentar de modo xeral alternativas de investimento que determinen a potenciacion do sector turístico como relevante e mesmo xerador de novos postos de traballo, así como do incremento das rendas familiares, esta orde establece distinta opcións de axudas destinadas ao investimento e mellora de establecementos turístico para empresa privadas en réxime de concorrencia competitiva”.
Segundo dispoñen as referidas ordes e resolucións o prazo de presentación de solicitudes remata o 14 de septembro. As entidades ou persoas que se atopen interesadas en coñecer estas medidas poden informarse na propia Axencia de Desenvolvemento Municipal ou no Concello de Burela dentro dos prazos que se determinan nas reseñadas convocatorias.

Exit mobile version