Site icon Crónica3.com A Mariña

O delegado de Turismo espera miles de visitantes a II Feira de antigüidades e coleccionismo de Burela

BURELA (FNC).- Venres arranca en Burela a II Feira de Antigüedades e Coleccionismo que promove a Delegación de Turismo que dirixe José González Legazpi. A  inauguración está prevista para as seis da tarde. O horario de visita será para sábado, domingo e luns de once da mañá a dúas da tarde e de seis da tarde a dez da noite. A feira terá por escenario o pavillón dos institutos de Burela. O edil nacionalista agarda que se superen as 4.800 visitas que recibiu este evento o ano pasado.
González Legazpi sinala que “a pesares do momento de transformación económico a II Feira de Antigüedades e Coleccionismo segue a ser un certame que esperta interese, xa que nesta ocasión se incrementa o número de anticuarios participantes que pasan dos 18 que tivemos o ano pasado aos 22 que recibimos nesta ocasión procedentes de países como Francia, Portugal, Alemania ou Italia, e de moitas cidades españolas como Barcelona, Madrid, Valencia, Zaragoza ou Santander. Esto representa o seu carácter internacional e de importancia que a sitúan xa nesta segunda edición en igualdade polo número de anticuarios participantes e procedencia con outros certames que se veñen  celebrando en distintas cidades do noso país”.
A feira, segundo explica o concelleiro de Turismo, “ofrecerá diversidade de pezas singulares e insólitas, así como coleccionismo asequible, arte, e antigüedades en xeral con diversidades de precios.  Está non só dirixida a especialistas, senón a todo tipo de público”. González Legapzi resalta que “este certame promoverá valor engadido aos sectores económicos, principalmente no eido do turismo e a gastronomía, xa que despraza para a súa loxistica e funcionalidade a un número importante de persoas e profesionais de distintos lugares a Burela. E motiva igualmente unha evidente movilidade comercial non só sectorial, senón tamén de visitantes en xeral como consecuencia de que o antigo está a ganar actualidade, o que representará sen dúbida unhas positivas consideracións para o Concello de Burela e para toda a comarca de a Mariña”.
O concelleiro nacionalista considera que esta II Feira de Antigüedades e Coleccionismo “representa un percorrido polo antigo que nos achega historia e contrastes e constitúe unha interesante proposta cultura. Agardamos polo tanto superar o éxito da pasada edición porque suporía un avance importante de cara á consolidación deste certame”.

Exit mobile version