Site icon Crónica3.com A Mariña

Queixase o PP de que non convidaron ao alcalde do Valadouro á visita do presidente da Junta de Andalucía

Nota de Prensa

O Presidente de Portos de Galicia mantivo un encontro na Confraría de Foz como continuidade da visita realizada pola Conselleira do Mar, á que non se dignou a acudir o Alcalde de Foz pese a ser convidado expresamente

O PP DA MARIÑA EMPRAZA AOS SOCIALISTAS A DAR EXEMPLO DO SEU PREDICAMENTO E LEMBRAN QUE NON CONVIDARON AO ALCALDE DO VALADOURO Á VISITA DO PRESIDENTE DA JUNTA DE ANDALUCÍA

* Os populares da comarca lembran que a presenza de Jose Manuel Barreiro neste acto ten o seu apoio en que se trata do senador máis votado de Foz, da provincia de Lugo e do conxunto de Galicia.

A Mariña, 21 de agosto de 2009.- O Partido Popular da Mariña sae ao paso das declaracións efectuadas polo dirixente socialista Jose María García Rivera coas que criticaba a visita realizada polo Presidente de Portos de Galicia á Confraría de Foz así como a prensenza neste encontro de, entre outros, Jose Manuel Barreiro Fernández. Os populares emprazan aos socialistas a dar exemplo do seu predicamento xa que, no mesmo día no que tiña lugar esta visita á confraría de Foz, o Presidente da Junta de Andalucía estaba no concello do Valadouro sen que nin fora informado o Alcalde desta localidade, nin tivera lugar ningún tipo de invitación para manter un encontro, nin tan sequera existira ningún tipo de comunicación por cortesía institucional. En definitiva, os socialistas veñen a criticar o que eles mesmos fan, co agravante de que, a visita de Álvarez-Campagna xa estaba prevista con anterioridade.

Neste senso desde o PP aclaran que o a visita do Presidente de Portos de Galicia tiña continuidade respecto da realizada no seu día pola Conselleira de Pesca, Rosa Quintana e xa foi anunciada con ocasión desta primeiro encontro. Cabe subliñar que é posible que o señor García Rivera non se percatarse desta eventualidade xa que, malia que o Alcalde de Foz foi convidado non acudiu declinando a súa invitación a favor doutro concelleiro, dando mostras da súa falta de talante e respecto institucional.

Finalmente os populares defenden a presenza de Jose Manuel Barreiro na súa calidade de senador pola provincia de Lugo e de persoa, implicada e comprometida con esta comarca. Lembran tamén que Barreiro é o senador máis votado polos veciños de Foz, de todo Lugo, e o que maior apoio electoral acadou no conxunto de Galicia. “Razóns máis que suficientes para que poida estar representando a todos os veciños alí onde se esta a falar de asuntos de interese xeral e de fórmulas para acadar un maior progreso”.

Exit mobile version