Site icon Crónica3.com A Mariña

O sábado terá lugar o I Trofeo Concello de Ribadeo de ciclismo

RIBADEO (FNC) .- O vindeiro sábado 15 de agosto terá lugar o I Trofeo Concello de Ribadeo de Ciclismo que organiza o clube ciclista EO, e no que colabora a Delegación de Deportes. A saída dos corredores terá lugar ás 17:30 horas fronte ao CEIP Gregorio Sanz. A proba discorrerá por un circuito semiurbán que pasará por Ove, A Pega e o campo de fútbol Pepe Barrera.

Os ciclistas participantes serán corredores das categorías principiantes, alevíns e infantís (ata 14 anos). Os máis pequenos disputarán unha proba de destreza, unha jimkana, nun dos patios do colexio público.

Nesta proba, na que colaboran o Concello de Ribadeo, a Policía Local e diferentes empresas da localidade, agárdase a participación dun amplo número de xóvenes ciclistas das provincias de Lugo e A Coruña e tamén de Asturias.

Exit mobile version