Site icon Crónica3.com A Mariña

Recepción do Concello de Ribadeo aos regatistas da Transgascogne de arribada na singladura

RIBADEO (FNC) .- O Concello de Ribadeo ofrece unha recepción aos regatistas participantes na XII Transgascogne 6.50. No acto, que se celebrou na Casa do Concello,  estiveron presentes o alcalde, Fernando Suárez, o delegado de Deportes, Vicente Castro, o presidente do Clube Náutico, Mario Coto, e representantes de tódolos grupos políticos.

O rexedor deu a benvida a tódolos regatistas lamentando o mal tempo e sinalou que “esta regata supón para Ribadeo unha nova experiencia para o noso pobo e concretamente para o noso porto deportivo. Eventos deste tipo poñen en valor o noso potencial turístico”.

Fernando Suárez explicou aos participantes a historia do edificio e a relación da comarca co Marqués de Sargadelos e dixo que “estou moi agradecido da vosa estancia en Ribadeo, quero invitarvos a que coñezades a nosa vila e sobre todo unha das praias máis bonitas do mundo que é a das Catedrais”

Suárez engadiu que “espero que levedes unha boa experiencia, que volvades e que Ribadeo sexa destino de futuras singladuras”.

Exit mobile version