Site icon Crónica3.com A Mariña

Ribadeo adica o “IV Festival internacional de música clásica” a Isaac Albéniz

RIBAEO (FNC) .- Ribadeo acollerá este mes de agosto o IV Festival Internacional de Música Clásica adicado este ano ao músico español Isaac Albéniz co gaio do centenario do seu falecemento. Os concertos celebraranse os días 7, 9, 14 e 18 de agosto no Auditorio Hernán Naval a partires das 22.00 horas da noite.
Leopoldo Erice, organizador do festival, explicou que “en 2009 celebramos el primer centenario del fallecimiento del grandísimo compositor español Isaac Albéniz y entonces me pareció ideal utilizar esta edición para hacer un homenaje a este compositor. En esta edición, llamada El universo de Albéniz, vamos a poder escuchar  a lo largo de cuatro charlas y cuatro conciertos obras no solo de Albéniz sino también de otros compositores de su tiempo, amigos suyos, así como autores que influyeron en su estilo y obras de otros a los que él influyó. Va a haber dos recitales de piano, el piano es un instrumento muy importante para la vida de Albéniz porque él mismo era pianista. Luego va a haber un recital de guitarra ya que es el instrumento español por excelencia y para cerrar el festival un concierto de música de cámara con un trío de piano que va a tener también un sabor español aunque van a tocar diversas obras francesas”.
Os músicos que actuarán neste festival son os pianistas Luis Fernando Pérez e Leopoldo Erice, o guitarrista danés Jonas Skielbe e o Trío Gorgojo de violín, violonchelo e piano.
Erice engadiu que “todo el mundo está invitidado y animo a que asista a estes conciertos porque la gente disfruta mucho de ellos. Los músicos además de tocar muy bien, hablan de la música, de las obras que van a interpretar, ofrecen un punto de vista diferente al público que normalmente no se tiene oportunidad de ver. Al público le gusta mucho. Se trata de música española bellísima muy interesante y espero que todo el mundo se anime a venir porque pasará un momento agradable”.
O festival conta cun presuposto de 20.000 euros xa que está  patrocinado, entre outros,  pola Fundación Caixa Galicia que aporta 15.000 euros e conta coa colaboración do Concello de Ribadeo que pon 2.500 euros. O alcalde, Fernando Suárez dixo que está moi agradecido “á obra social da Fundación Caixa Galicia e tamén a Leopoldo Erice polo seu traballo, xa que grazas a eles podemos disfrutar en Ribadeo dun evento destas dimensións de música clásica e ademáis facer da nosa vila un referente”.
As entradas xa están á venda a través do teléfono de Caixa Galicia, 902 43 44 43, por internet na páxina www.caixagalicia.es e tamén se poderán comprar na taquilla do auditorio dende unha hora antes do comezo dos concertos. O prezo este ano será de 10 euros para adultos e 8 euros para menores de 18 años e maiores de 65.

Exit mobile version