Site icon Crónica3.com A Mariña

Ribadeo celebra o venres a “I Festa da carne ó espeto” para recadar fondos para as patronais

RIBADEO (FNC) .- Ribadeo celebrará o vindeiro venres 28 de agosto a I Festa da Carne ó Espeto no parque de San Francisco. Está organizada pola Comisión de Festas e terá o obxectivo de recadar fondos para a celebración dos festexos en honra á patroa da vila.

O portavoz da Comisión, Alberto Moledo, explicou que “para recadar fondos para as festas patronais deste ano 2009 en Ribadeo, a Comisión decidiu facer o vindeiro venres 28 a partires das 21.00 horas da noite no parque de San Francisco a I Festa de Carne ó Espeto. Haberá un bar onde se poderá consumir e o prezo da ración será de 10 euros. Con esta iniciativa pretendemos recadar fondos para as festas, xa que sempre se nos di que non facemos actividades con este fin. Quero dende logo convidar a toda a xente que queira compartir unha xornada de festa con todos nós a que se acheguen ó parque e dicir que todo isto estará amenizado dende as 22.00 horas pola discoteca móvil Mourelle ata a 1.00 ou 2.00 horas da madrugada sen problema ningún”.

As Festas Patronais 2008 arrancarán o xoves día 3 cun concerto dos grupos de música de Ribadeo, ás 22.00 horas na Praza do Cantón e o venres, 4 de setembro, será o Día dos Nenos. As xornadas máis importantes, como é tradiconal, son o 7 e o 8. O luns, 7 de setembro,  ás 24.00 horas terá lugar a sesión de fogos de artificio na escolleira do porto pesqueiro e xa o martes 8, día da patroa, haberá pola mañá misa cantada pola Coral Polofónica de Ribadeo seguida de procesión e concerto da Banda Municipal e pola noite, festa e verbena.

Alberto Moledo engadiu que “dende a comisión de festas queremos agradecer a colaboración de todos os establecementos comerciais de Ribadeo pola súa aportación económica, sen a cal non sería posible facer este programa de festas, a tódolos particulares que colaboraron con nós, ó Concello de Ribadeo que nos axuda coa programación das festas e coa partida económica correspondente que nos dá e a Cultura e Turismo, que este ano tamén nos vai a ofrecer unha aportación económica.  Dicir tamén que sabemos que non é o mellor programa que pode haber para unhas festas pero que o facemos con todo a nosa ilusión, con todo o traballo e que estamos nunha época de crise na que entendemos que as aportacións non poden ser moi altas, e o que facemos dende a Comisión é adaptarnos a un presuposto para facelo todo o mellor posible e que non quede empeñada. Reitero o agradecemento a todas aquelas persoas que colaboraron económiocamente, co seu traballo e a súa boa vontade para celebrar as festas de Ribadeo”.

Exit mobile version