Site icon Crónica3.com A Mariña

Segundo o PP o alcalde de Burela non controla as quendas da policía local

NOTA DE PRENSA
O GMPP afirma que o alcalde non supervisa os turnos da policía local.

En pleno verán, o pasado domingo pola tarde non houbo ningún efectivo traballando.

O alcalde non está cumplindo axeitadamente coa liña de axudas que a Xunta tén establecido para a contratación de policìas auxiliares para a temporada estival, porque o Concello de Burela non cubre axeitadamente os turnos da policía local.

Esto é o que afirmou hoxe o GMPP de Burela logo de contrastar que o pasado domingo pola tarde non había ningún policía local operativo, situación que xa se deu algún domingo máis deste verán. Para os populares, esto é un contrasentido porque as axudas que leva dando a Xunta desde o goberno Fraga para estas contratacións teñen como base preservar a seguridade das persoas ante o previsible aumento de poboación en núcleos determinados de poboación ou ante a aglomeración de persoas en determinados puntos de relevancia turística como praias, etc. Polo tanto, é lóxico pensar que os domingos pola tarde pode darse a maior afluencia semanal de persoas ás praias, co consabido aumento de tráfico e de situacións que poden propiciar unha diminución da seguridade, polo que precisamente os domingos debería de contarse con presencia da policía local.

Esto non aconteceu o domingo pasado, polo que o alcalde, máxima autoridade en materia de seguridade, deberá organizar ou alomenos supervisar os turnos da policía local para que estas situacións non se volvan a repetir. Para o GMPP, é evidente que esto non acontece, sobre de todo cando vén de anunciar que agora a plantilla da policía local conta con máis efectivos, por certo, aumento de efectivos derivado da oferta de emprego público que deixou aprobada o PP en 2007. O que pasa, segundo os populares, é que non hai preocupación do alcalde polas cuestións do día a día, e semellante “pasotismo” non é nin presentable nin beneficioso para os cidadáns do noso concello.

Exit mobile version