Site icon Crónica3.com A Mariña

A comisión de Economía do Parlamento galego aprobou unha proposta do PP para reducir taxas a profesionais do mar

Nota de Prensa

A proposta do PPdeG foi aprobada hoxe na Comisión parlamentaria de Economía co apoio do BNG

O PSOE REXEITA APOIAR UNHA INICIATIVA PARA REDUCIR AS TAXAS IMPOSTAS AOS PROFESIONAIS DO MAR POLA OCUPACIÓN DE TERREOS NOS PORTOS

Santiago, 11 de setembro de 2009.- O PSdeG-PSOE rexeitou hoxe apoiar no Parlamento unha iniciativa destinada a que se reduzan as taxas impostas aos profesionais do Mar pola ocupación de terreos nos portos coa instalación de casetas e outras infraestruturas empregadas para gardar aparellos e outros recursos habituais no seu traballo. A Comisión de Economía do Parlamento galego aprobou hoxe unha proposta nese sentido presentada polo Grupo Parlamentario Popular, que contou co apoio do BNG.

A proposición non de lei, presentada polo portavoz de Mar do Grupo Popular, José Manuel Balseiro,  pretende que se simplifique e adecúe á realidade presente o modelo fiscal nas instalacións portuarias de competencia autonómica. Non se trata só de reducir a carga impositiva, que é fixa con independencia dos ingresos, senón tamén de aforrarlles os custos asociados á maraña normativa e burocrática que conleva o seu pagamento. O obxectivo da iniciativa é contibuír a paliar a difícil situación dos homes e mulleres do mar que, sobre todo en sectores como o da baixura ou o marisqueo, están a vivir un período de especial incerteza en canto aos ingresos que xera a súa actividade.

A iniciativa preséntase como axuda aos profesionais da pesca e o marisqueo, que, en palabras de Balseiro, “están a afrontar nunha situación de maior debilidade a actual crise económica”. Unha circunstancia que, para o PP, “esixe das Administracións Públicas que traballan ao servizo de todo este amplo colectivo un esforzo suplementario e un compromiso máis forte para con cada unha destas persoas”.

Exit mobile version