Site icon Crónica3.com A Mariña

A Deputación presenta na Granxa Gayoso-Castro o maior centro de recría de Galicia

LUGO .- A Deputación de Lugo presentará mañá venres na Granxa Gayoso-Castro o proxecto do Centro de Recría que o organismo provincial construirá nas instalacións que ten a Deputación en Castro de Rei. Trátase do proxecto máis revolucionario do agro galego, xa que triplicará o servizo que ofrecen na actualidade as 14 explotacións de recría existentes en Galicia.

O acto de presentación celebrarase ás 12:00 horas e correrá a cargo de Presidente provincial, José Ramón Gómez Besteiro, do Acalde de Castro de Rei, Juan José Díaz Valiño, o Deputado Provincial de Gandeiría, José María Arias, e de técnicos de TRAGSA –empresa encargada da redacción do proxecto-. O evento tamén contará coa presenza de autoridades autonómicas, do Alcalde de Lugo, José López Orozco, e doutros rexedores municipais da provincia. Gómez Besteiro tamén convidou á Delegada Provincial da Xunta, Raquel Arias, a entidades financieiras, ós sindicatos agrarios, a asociacións de mulleres rurais, e ás cooperativas da provincia.

O 46% da cota láctea de Galicia prodúcese en Lugo, e a provincia conta con máis de 80.000 becerras, pero tan só 14 explotacións se adican a recría na Comunidade Autónoma. Estes datos demostran que este servizo é insuficiente e pouco rendible para os gandeiros. Ademais, coa crise estes vense obrigados a facer a recría cos seus medios, un custe que se incrementa se teñen que recurrir a centros doutras Comunidades Autónomas. Por tanto, o Centro servirá para dotar ás explotacións dun maior rango xenético, produtivo e sanitario.

O titular provincial e a Presidenta de TRAGSA en España, María Luisa Graña Barcia, asinaron no mes de xuño o convenio de colaboración para a construción desta infraestrutura que ocupará unha extensión de 7 hectáreas. Na presentación de mañá darase conta da magnitude do proxecto e dos servizos que vai prestar ós gandeiros da provincia.

Exit mobile version