Site icon Crónica3.com A Mariña

A Escola de Música de Ribadeo convoca os pais a unha reunión o vindeiro venres

RIBADEO (FNC) .- A dirección da Escola de Música e Danza de Ribadeo convoca aos pais e nais e aos alumnos do centro a unha xuntanza que se celebrará o venres 25 de setembro ás 20:00 horas no salón de actos da Casa do Mar. No encontro abordaranse cuestións coma a presentación oficial do curso 2009-2010; a situación actual do centro; os horarios das clases de linguaxe musical, iniciación á música e danza/ballet e a fixación do calendario das clases individuais.

Na carta que a dirección da Escola de Música e Danza de Ribadeo lles remitiu aos alumnos e aos seus pais e nais dánlles a benvida ao novo curso escolar e sinalan que “como todos os anos o noso compromiso é o de ir avanzando na mellora do centro, para o cal é imprescindible a vosa colaboración”.

Exit mobile version