Site icon Crónica3.com A Mariña

A Rede de Dinamización da Sociedade da Información oferta catro obradoiros e unha charla en Burela

BURELA .- A Rede de Dinamización da Sociedade da Información, en colaboración co concello de Burela, anuncia máis actividades de achegamento ás Novas Tecnoloxías que se levarán a cabo neste mes de setembro. As actividades e as datas nas que se desenvolverán son as seguintes:
Obradoiro de “Iniciación a Internet”: con esta actividade preténdese que o usuario/a, ao finalizar este obradoiro, sexa capaz de navegar e coñecer os servizos que lle ofrece Internet empregando o navegador libre Mozilla Firefox. Desenvolverase de luns a venres, do 1 ao 8 de outubro, de 11 a 12:30 horas.
Obradoiro de “Follas de cálculo: Calc”: ao finalizar esta actividade, o/a usuario/a o será capaz levar as contas da súa casa, da comunidade ou do traballo a través do programa gratuíto OpenOffice Calc. Desenvolverase de luns a xoves, do 5 ao 22 de outubro, de 11 a 12 horas.
Obradoiro de “Creación de calendarios para nenos e nenas”: con esta actividade preténdese que o usuario/a, ao finalizar este obradoiro, sexa capaz de facer os seus propios calendarios co programa libre “OpenOffice Writer”. Desenvolverase de luns a xoves, do 5 ao 14 de outubro, de 19 a 20 horas.
Obradoiro de “Iniciación á Informática: Linux”: preténdese que o usuario/a, ao finalizar este obradoiro, sexa capaz de manexar con certa soltura os obxectos e funcionalidades básicas dun sistema operativo baseado en Software Libre.
Desenvolverase de luns a venres, do 9 ao 23 de outubro, de 11 a 12 horas.
Asemade, está prevista a realización da charla “SIXPAC: Sistema de Información Xeográfica” o luns 26 de outubro de 11 a 12 horas. Con esta actividade amosarase como buscar parcelas agrícolas, medir fincas e calcular a área a través da aplicación web SIXPAC.
A Rede de Dinamización, da Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica, enmarcada no PEGSI (Plano Estratéxico Galego da Sociedade da Información), é unha das estratexias fundamentais para a inclusión na Sociedade da Información. A Rede ten entre os seus principais obxectivos titorizar a cidadanía con maiores dificultades e proporcionarlles os medios e ferramentas necesarios para poder formar parte activa da S. I. A RDSI conta con 51 dinamizadores e dinamizadoras espallados pola xeografía galega en diversos Centros de Dinamización, nos que se desenvolven charlas, obradoiros e cursos de alfabetización dixital, entre outros, adaptados ás necesidades de diferentes colectivos sociais como son mulleres, persoas maiores, persoas con discapacidade, xuventude, asociacións e empresas.
Para solicitar máis información sobre as súas actividades poden dirixirse ao Centro de Dinamización de Burela, sito na Casa da Xuventude do concello ou mandar un correo electrónico ao seguinte enderezo: roberto.burela@dinamiza.fundacioncalidade.org.
Contacto:
Roberto Caneiro Manteiga
Dinamizador da Sociedade da Información
Para máis información sobre o proxecto pódese acudir ao portal web da Rede de Dinamización da
Sociedade da Información: www.redededinamizacion.eu.

Exit mobile version