Site icon Crónica3.com A Mariña

A Xunta pedira ao goberno do Estado a reforma do cuartel da Garda Civil de Burela, asegura o PP

NOTA DE PRENSA

A iniciativa xurde a instancia do deputado Jose Manuel Balseiro Orol despois de ter constancia das graves deficiencias destas instalacións, denunciadas tamén polas asociacións profesionais dos axentes da Benemérita

A XUNTA REQUIRIRÁ AO GOBERNO CENTRAL, A PROPOSTA DO PP, QUE OS ORZAMENTOS DE 2010 CONTEMPLEN O INVESTIMENTO NECESARIO PARA A REFORMA INTEGRAL DO CUARTEL DA  GARDA CIVIL DE BURELA

·        Malia que os veciños da Mariña tamén se verán afectados pola suba de impostos anunciada polo Goberno socialista de Zapatero, a administración central despreza a nosa comarca e non inviste os recursos necesarios para manter en perfecto estado  as instalacións e edificios da súa competencia.

A Mariña lucense, 23 de setembro de 2009.- A proposta do Grupo Parlamentario Popular a Xunta de Galicia requirirá ao Goberno central a dotación dunha partida orzamentaria en cantidade suficiente para a adecuación e reforma integral do cuartel da Garda Civil de Burela. A iniciativa xurde a instancia do deputado Jose Manuel  Balseiro Orol que rexistrou na Cámara galega unha proposición non de lei despois de ter constancia das graves deficiencias que presentan estas instalacións.

COMPROMISO DE INVESTIMENTO NO 2010
Os populares reclaman que este investimento apareza xa nos orzamentos para o ano 2010 que o Executivo central está a confeccionar neste momento. Fan este emprazamento dun xeito urxente porque segundo explican “o estado de precariedade e a obsolescencia” no que se atopan estas instalacións “require unha actuación inmediata” para garantir un triple obxectivo: “que os axentes da Benemérita que alí traballan poidan facelo nunhas condicións de calidade e axeitadas á normativa sobre riscos laborais vixente; que as familias que residen nestas dependencias poidan facelo cunhas mínimas garantías de habitabilidade; e para evitar que esta situación de precariedade non repercuta na prestación dun servizo esencial, como é o que desenvolven os Corpos e Forzas de Seguridade do Estado”.

DESEQUILIBRO PRESIÓN FISCAL – INVESTIMENTOS
Malia que os veciños da Mariña tamén se verán afectados pola suba de impostos anunciada polo Goberno socialista de Zapatero, e sofren a día de hoxe unha elevada presión fiscal, a administración central –expón o PPdeG na súa iniciativa- “despreza a nosa comarca e non inviste os recursos necesarios para manter en perfecto estado  as instalacións e edificios da súa competencia”. É polo que os populares reclaman ao Ministerio do Interior que atenda esta petición “non estamos a pedir que destinen cartos para luxos ou para gastos superfluos senón para garantir unhas condicións mínimas que agora non se  están a cumprir”

CONDICIÓNS MÍNIMAS PARA UN SERVIZO DE CALIDADE
As propias agrupacións dos traballadores do Instituto Armado, -nas pasadas datas así o denunciou a Unión de Gardas Civís de Galicia- están a poñer de manifesto en reiteradas ocasións estas deficiencias. “Falan de defectos no subministro eléctrico, ceses intermitentes na luz que afectan tamén aos equipos informáticos. Falan de humidades, de problemas estruturais derivados da falta do investimento  necesario para o mantemento dos edificios. Falan en definitiva, da ausencia das condicións mínimas requiridas para poder prestar un servizo de calidade.”

PREXUÍZOS NA ATENCIÓN AO PÚBLICO
Balseiro Orol subliña que ademais das funcións propias como forzas de seguridade e investigación do delicto, os axentes da Garda Civil de Burela dispoñen de competencias en materia de tráfico e seguridade viaria e na elaboración dos atestados que teñen por obxecto esclarecer as circunstancias nas que se produciron os accidentes. Tamén albergan ás víctimas, familiares e ao persoal que ten que elaborar os trámites ante un episodio de violencia machista e todo iso nunhas instalacións precarias que, debido as múltiples deficiencias descritas,  moitas veces non permiten atender aos cidadáns.

Exit mobile version