Site icon Crónica3.com A Mariña

Alfonso Fuente asegura que Barreiros foi dos primeiros en manifestarse contra a reforma sanitaria

BARREIROS (FNC) .- O alcalde de Barreiros, Alfonso Fuente, recalca hoxe que Barreiros xa foi un dos primeiros municipios da Mariña en manifestarse contra a reforma sanitaria. Fuente Parga suliña que “en Barreiros tratóuse no pleno do pasado luns unha moción que foi enmendada polo PP. O PP meteu unha enmenda de sustitución a unha moción presentada polo BNG, xa que entendíamos que era máis ampla a nosa petición que a que plantexaba o BNG. É decir o Bloque Nacionalista Galego pedía que se mantiveran os servizos no hospital, pero desde o PP pedimos non só que se mantiveran os servizos que se prestan, senón que se ampliasen”.

O rexedor barreirense asegura que “con estas manifestacións que están saindo desde o PSOE e desde o BNG na Mariña e tamén en Barreiros están intentando confundir á xente decíndolle que vai haber unha merma de servizos no hospital e eso non é verdade e non vai pasar, e o propio deputado do PP José Manuel Balseiro así o ven recalcando e o día 14 se vai informar a todos os profesionais da situación. Eu xa lles dixen no pleno que non se confunda xestión con atención. Os pacientes, o que queremos todos é unha boa atención e unhas melloras nos servizos e eso é o que pedimos. E insisto o PP pide unha ampliación dos servizos e a mellora dos existentes”.

Centro de saúde

A Alfonso Fuente parécelle “curioso que PSOE e BNG vexan colapso no centro de saúde de San Cosme. Estes señores parece que durante catro anos non viviron en Barreiros ou non se preocuparon por Barreiros porque non hai máis que recordar coma un día me tiven que persoar no centro médico cando se fixeron cambios que ata para unhas recetas hai listas de espera. É decir unha persoa para obter unha receta igual ten que agardar ata cinco días para poder ter eses medicamentos, cando eso cos gobernos do PP anteriores non pasaba. Eso ven motivado pola reforma sanitaria realizada polo bipartito durante os catro anos que estiveron na Xunta e xa se empezaron a producir colapsos nos centros de saúde, pero parece que non o viron e o ven agora”. O alcalde de Barreiros engade que “a área sanitaria única ven a levar a cabo unha lei tomada polo bipartito de centralizar a xestión dos hospitais e agora poñen o grito no ceo e pretenden confundir á xente”.

O rexedor sinala que “o propio BNG, e xa o ten recalcado Balseiro, na páxina 25 do seu programa electoral dicía que había que substituir e suprimir ós delegados provinciais, pero non aclaraba nada…. Pero quere decir que xa a xestión non pasaba só por Lugo, senón que ía ser centralizada desde Santiago. O que pasa agora é que hai que darlle a volta á tortilla para facer ver outra cousa. E eu como alcalde de Barreiros vou defender os intereses dos veciños ata o último momento e así o fixemos xa no pleno, non queremos perder servizos. Si o goberno da Xunta resta servizos e atención no hospital da Costa serei o primeiro en tomar medidas con esas reduccións si chegan a producirse”.

Exit mobile version