Site icon Crónica3.com A Mariña

Alfredo Llano asegura que a produtividade de 2008 será pagada no mes de setembro

BURELA (FNC). O rexedor de Burela, Alfredo Llano, asegura que a produtividade de 2008 pendente de abonar ós traballadores “será pagada, agardamos, neste mes de setembro”. Llano explica que “non ten porque ser abonada nun mes determinado, de feito a principios de ano fóronse aplicando outras melloras retributivas que recollía o convenio e agora será a quenda para a produtividade”. Así responde o alcalde ás críticas efectuadas nas últimas horas desde o sindicato Comisións Obreiras.

Alfredo Llano tamén aludiu ós supostos retrasos nos pagos das nóminas ós traballadores do Concello, “os pagos fanse o 30 de cada mes, nós traballamos cunha entidade bancaria, e aqueles traballadores que teñan as súas nóminas noutros bancos ou caixas, poden sufrir o retraso duns días en ter dispoñibles os salarios, pero en todo caso non é culpa do Concello”.

Sobre a Relación de Postos de Traballo, o alcalde de Burela, sinala que “posiblemente se iniciará a súa elaboración a vindeira semana, o que está claro é que comezaremos a facela en breve. Nuns días empezarán xa as entrevistas persoais”.

Exit mobile version