Site icon Crónica3.com A Mariña

As viaxes en helicóptero da Deputación xeraron un volume de negocio de 6.000 euros en tres días

LUGO .- O programa de Km0 Xtreme, que ten por obxectivo a posta e valor da provincia a través do deporte e multiaventura, acadou un éxito rotundo na súa primeira semana coas viaxes en helicóptero nas que participaron 120 persoas. O Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, subliñou que “o éxito foi tal, que esta mesma semana se inscribiron preto dun cento de persoas máis para poder facer voos ó longo de toda a provincia, e que se suman ás 120 que xa puideron disfrutar estes días dunha experiencia inigualable”.

As viaxes en helicóptero incluídas en Km0 Xtreme non supoñen ningún custe para a Deputación, que só actúa de intermediaria coas empresas co obxectivo acadar o mellor prezo para os participantes e de promocionar a provincia desde o aire. “Para que algún malintencionado político non nos intente vincular con que nós pagamos o helicóptero, hai que deixar claro que non temos nada que ver nesa actividade comercial, e sí con abrir novas posibilidades para a xente que vive na nosa provincia. En Lugo podemos facer o mesmo que noutras provincias e Comunidades Autónomas, e incluso mellor”, dixo Gómez Besteiro.

O titular provincial destacou que “en tan só tres días, as viaxes en helicóptero, que realiza unha empresa de Lugo con traballadores da provincia, xerou un volume de negocio de 6.000 euros. Por tanto, a Deputación vai seguir promocionando este programa se supón máis voos e que, con el, que se contraten máis traballadores”.

Repunte de solicitudes

Km0 Xtreme arrancou esta semana con tres rutas en Ribadeo, Lugo monumental e A Ribeira Sacra. Desde que o Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, inaugurou esta iniciativa o pasado martes cun voo sobre a ría de Ribadeo, houbo 70 novas solicitudes para viaxar en helicóptero que se suman ás 29 que xa estaban inscritas con anterioridade.

Polo que se refire ós participantes desta semana (24 en Ribadeo, 48 en Lugo e 48 na Ribeira Sacra), houbo desde nenos de 6 anos ata veciños de máis de 80. Tamén disfrutaron de Lugo desde o aire varias persoas con discapacidade.

Exit mobile version