Site icon Crónica3.com A Mariña

Burros de Foz

Na lembranza de “Pedro,” fiel compañeiro de mil aventuras da adolescencia.

Acábanse os burros. Augura un experto que, de non tomarse medidas, no prazo de tres ou catro décadas non quedará un exemprar dos pacientes e sufridos asnos que dende tempos inmemoriais viñeron prestando importante servicio á Humanidade.

Tempos houbo nos que en Foz o burro era moi apreciado e elemento familiar e moi considerado; algúns destes chegaron a disfrutar de popularidade e son moitas as anécdotas a que deron lugar.O burro foi ademais, ó longo de moitos anos, valioso auxiliar de todo un colectivo de fondas raíces na evolución económica e social do pobo: as pescantinas. A “vendedora” que pregoaba o producto, azuzando a un tempo ó animal, era estampa cotidiana polas estradas e corredoiras da bisbarra.O asno, para tal menester, debía de ser de paso curto e miudo, para evitar o deterioro da mercaduría co violento vai-ven da marcha ; daí que o burro da pescantina era sempre do xénero feminino.

Na nosa memoria gardamos algúns episodios que en certa medida reflicten o medio social, cultural e económico da época. Así se explica, por exemplo, que Emiliano da Cangalla, a quen roubaran o burro que gardaba na cuadra, tivera que desprenderse da prenda para él mais preciada: un fermoso acordeón, artísticamente decorado con diseño de nácar, chegado de alén mar, que coidaba con todo agarimo. Ante a dificultade de achegar recursos para mercar un novo burro, vendeo rifas para o sorteo do instrumento nun baile domingueiro no salón de Ramón María de Cao.

Un rucio popular fora “Tilín”, de anatomía émula de Platero (“ pequeño y peludo, tan suave que parece que no tiene huesos…”); Antón de Carballido, o seu dono, encomendáralle un duro traballo: tirar pola vagoneta que dende a canteira do Rego de Foz trasladaba polos raíles a pedra para a construcción das Casas Baratas.

Pero o burro que sen dúbida acadou maior popularidade foi “Pedro”. miúdo, arrogante, fiel compridor do seu cometido, pola visita diaria a certos establecementos, por razón de traballo, granxeouse a simpatía e a amizade de moitos parroquianos. Mañoso para franquear o aposento, boa parte das noites as pasaba á luz da lúa, o que lle concedía certa aureola de romántico e aínda de “ligón”. Cada ano, pola onomástica, tomaba as súas cañas de cervexa, comía un feixe de caramelos e na cabeza lucía un penacho de flores Os burros acábanse,¡ qué mágoa!.

Exit mobile version