Site icon Crónica3.com A Mariña

En Cervo continúa aberto o prazo para axudas de transporte escolar do pasado curso

O Concello de Cervo informa de que continúa aberto o prazo para acceder ás axudas de transporte escolar, con carácter individual e destinadas a sufragar os gastos de desprazamento diario dos alumnos e alumnas do concello que cursaron estudos durante o pasado curso 2008-2009 en centros da comarca de educación secundaria non obrigatoria que non se imparten no seu territorio, a excepción dos que estudaron en centros de Burela, porque o transporte a este municipio xa foi subvencionado polo concello mediante outro tipo de axudas. A contía máxima para cada beneficiario será de 150 euros.  O prazo de presentación de solicitudes remata o vindeiro 31 de outubro. En vindeiras datas ten previsto convocar as axudas destinadas aos alumnos de educación infantil para a adquisición de libros e material escolar.

Exit mobile version