Site icon Crónica3.com A Mariña

Interesase BNG pola relación contractual da empresa familiar de Rosa Alonso e o Concello de Foz

Nota de Prensa
O BNG ESIXE ACLARACIÓNS SOBRE A RELACIÓN CONTRACTUAL DA EMPRESA FAMILIAR DE ROSA ALONSO E O CONCELLO

Para o BNG as últimas declaracións de membros do Grupo de Goberno cun claro enfrontamento co portavoz do PP están a desviar a atención do que realmente aos focegos nos interesa saber: se houbo algún tipo de irregularidade ou ilegalidade no pago das facturas á empresa Saiju S.L. da que é accionista o marido da concelleira de Deportes e Asuntos Sociais, Rosa Alonso.

Para o BNG xudicializar a vida municipal non é algo desexable e estamos totalmente en contra de facelo. Agora ben, unhas declaracións máis ou menos afortunadas dun portavoz  da oposición non poden servir para pasar páxina nun asunto que á maioría dos focegos tenos desconcertados. Ditas denuncias, se ao final se levan a cabo, resolveranse nos xulgados. Pero as dúbidas sobre a relación contractual da empresa familiar dunha concelleira co Concello deben aclararse e resolverse dentro do campo municipal, con luz e taquígrafo para que todo o mundo saiba a verdade.

Cremos que a maioría da poboación pensa que a ética está ligada á política aínda que dentro do Concello de Foz non todos o teñan claro. Pero unha cousa é que non se actuase eticamente (o que pensa unha gran maioría social) e outra que se cometera algunha falta ou irregularidade que ineludiblemente tense que depurar. E neso todos os grupos políticos temos que estar de acordo. Por eso deberíase comezar por ter os informes xurídicos pertinentes que nos dean unha luz sobre este asunto, informes que o BNG ten solicitado xa ao alcalde.

Exit mobile version