Site icon Crónica3.com A Mariña

Investirán 66 mil euros en mellorar o alumeado nas rúas Rosalía de Castro e Pardo Bazán, en Burela

BURELA (FNC) .- A Consellería de Economía e Industria ven de conceder unha subvención de 66.737,73€ ao Concello de Burela para melloras de alumeado e dotación de mobiliario urbanos nas rúas Rosalía de Castro e  Pardo Bazán. Segundo explica o edil de Obras, Pascual Doménech, “sobre un coste total de 95.339,61€, o investimento subvencionable é do 70 % a repartir en dúas anualidades: 38.135,84€ no 2009, e 26.695,09 no 2010”.

Doménech sinala que “é necesario facer especial incidencia en executar obras de mellora dos equipamentos públicos con actuacións de carácter urbanístico nas rúas que potencien aspectos comerciais, dotándoas de máis servizos e proporcionarlle un aspecto o máis atractivo posible. Por todo elo, decideuse redactar o proxecto de mellora de alumeado público e dotación de mobiliario urbano en ditas rúas, obras necesarias dado o estado no que se atopa o alumeado público, escaso para unha zona de gran actividade e desenrrolo  comercial”.

As obras a executar, segundo o edil socialista, “consisten no suministro e reposición de columnas e luminarias existentes, así como un estudo de reubicación e ampliación de farolas co obxeto de mellorar a luminosidade e cumprir coas esixencias mínimas da lexislación actual. Tamén será necesario facer a canalización subterránea do cableado que actualmente se atopa formada por báculos a fachada, principalmente na rúa Pardo Bazán. E así mesmo se dotará a zona de mobiliario urbano consistente en bancos e papeleiras uniformemente distribuidas”.

Exit mobile version