Site icon Crónica3.com A Mariña

Neves Cando asegura que o Concello apoia a todas as asociacións e indícalle ao PP que “ninguén os cree”

BURELA (FNC) .- A tenente de alcalde, Neves Cando, respostou ás declaracións do portavoz do Partido Popular sobre os gastos municipais en propaganda e calificou aos populares de mentirosos. Cando afirmou que o Concello nunca deixou de apoiar ás ascociacións de Burela e insiste na hipocresía da Xunta de Galicia á hora de eliminar a gratuidade dos libros de texto aludindo á austeridade agora no comezo de curso.

A edil nacionalista explicou que “ante as declaracións do Partido Popular de Burela e o seu portavoz sobre os gastos municipais en propaganda, só se me ocorren duas opcións, calificar aos populares de ignorantes ou de mentirosos. Ignorantes das facendas locais, estráname, porque o señor González Barcia sempre presume de ler os papeis e debería saber que os orzamentos do Concello de Burela para o 2009 non permiten nin por asomo eses dispendios en propaganda que eles din, con esas cantidades das que eles falan, porque se houbera eses cartos habería por suposto, subvencións para asociacións e colectivos e moitas outras cousas máis”. Neves Cando suliñou que “en canto ás subvencións ás asociacións, gustaríame que me dixera unha asociación ou colectivo de Burela que viñera falar aquí ao Concello con nós e se lle dixera que non a calquera tipo de actividade que propuxera ou calquera tipo de apoio para desenvolver as súas actividades”.

Cando segue a relatar que “como ignorancia non creo que sexa, non me queda máis remedio que calificar aos populares de Burela de mentirosos, menten para desvíar a atención sobre as súas propias vergoñas porque cando se destapan as súas hipocresías entón atacan con estas mentiras. E hipocresía é o que comentaba eu a semana pasada sobre a súa gratuidade solidaria con respecto aos libros de texto, unha medida que o goberno autonómico do Partido Popular da Xunta de Galicia acaba de poñer en marcha agora no comezo de curso e que agora vai deixar á maioría, máis do 70% das familias galegas sen esta axuda para os libros de texto que había ata este ano. Unha familia mileurista non terá dereito a esta axuda para os libros de comezo de curso”.

A tenente de alcalde de Burela sinalou que “esa hipocresía da Xunta de Galicia e do Partido Popular que falan de austeridade neste sentido para recortar estas axudas e en cambio sí que despilfarran, e volvo a recordar os datos, 200.000 euros naquela famosa enquisa sobre a nosa lingua, 22.000 euros na galiña azul das escolas infantís, millóns de euros nun contrato para programas informáticos para a Xunta de Galicia cando o anterior goberno apostaba polo software libre e gratuito, e agora 190.000 euros de propaganda sobre os libros de texto para que lles chegue ás casas dos pais que non van poder estas axudas unha carta explicativa, uns dípticos e campañas non medios de comunicación”.

Neves Cando engadiu que “é unha desfachatez, unha vergonza, a actitude do Partido Popular cara os veciños de Burela porque os están enganando pero xa ninguén os cre porque unha e outra vez desmontamos as súas mentiras. Como dicía hai anos un compañeiro seu de partido, que deixen de criticar e nos deixen traballar por Burela”.

Exit mobile version