Site icon Crónica3.com A Mariña

Nova edición do curso temático sobre educación infantil en Ribadeo

O vindeiro sábado, 26 de setembro, terá lugar unha nova edición do Curso temático sobre Educación Infantil da Mariña, que organizan o Concello de Ribadeo e o IES Dionisio Gamallo Fierros. Este ano abordará as concepcións sociais da infancia e os medios de comunicación. O curso celebrarase no salón de actos do IES Dionisio Gamallo Fierros en horario de mañá de 9:00 horas a 13:45 horas e pola tarde de 16:00 horas a 20:15 horas.

Exit mobile version