Site icon Crónica3.com A Mariña

Nova tempada do programa “Lugo de norte a sur”, con novos espazos

LUGO .- A Fundación para o Desenvolvemento das Tecnoloxías da Información e da Comunicación, que depende da Deputación de Lugo, comeza hoxe venres, 11 de setembro, a nova tempada do informativo provincial “Lugo de norte a sur”. Inclúe novos espazos nos que se recollen as opinións e inquedanzas dos cidadáns. O informativo semanal emitirase os venres dentro dos espazos adicados á información local de todas as cadeas de televisión e radio da provincia de Lugo.

NOTA DE PRENSA

O INFORMATIVO PROVINCIAL DA FUNDACIÓN TIC COMEZA HOXE NOVA TEMPADA CON SECCIÓNS ADICADAS Ó CIDADÁN.
– “Lugo de norte a sur”, ofrecerá información provincial en todas as cadeas de radio e televisión da provincia con tres novos espazos enfocados á opinión pública.
– O programa contará coa presenza dun intérprete de lingua de signos, grazas á colaboración da organización lucense de xordos, ALUSOR.

09/09/09. A Fundación para o Desenvolvemento das Tecnoloxías da Información e da Comunicación, que depende da Deputación de Lugo, comeza hoxe venres, 11 de setembro, a nova tempada do informativo provincial “Lugo de norte a sur”. Inclúe novos espazos nos que se recollen as opinións e inquedanzas dos cidadáns. O informativo semanal emitirase os venres dentro dos espazos adicados á información local de todas as cadeas de televisión e radio da provincia de Lugo.

O aspecto máis destacable do formato televisivo será a tradución simultánea do contido a través  dun intérprete de lingua de signos grazas á colaboración entre a Fundación TIC e a organización da Acción Lucense de Xordos. A Fundación pretende así, eliminar as barreiras de comunicación que sofren as persoas con deficiencia auditiva nos medios televisivos.

Outra das novidades da nova edición televisiva de “Lugo de norte a sur”  será a renovación da súa imaxe apostando por un deseño mais actual adaptado ós novos tempos. Ademais, aumentarase de 15 a 24 minutos a súa duración.

Novas seccións “Ti preguntas” e “Ti opinas”
“Lugo de norte a sur” abre a nova tempada con dúas seccións nas que os veciños da provincia serán o fío condutor.

No “Ti preguntas”, cada semana haberá un invitado especial. Un personaxe de relevancia na provincia de Lugo deberá someterse ás preguntas da xente a pé de rúa. Este venres, o programa contará coa presenza do Presidente da Deputación de Lugo, José Ramón Gómez Besteiro, onde dará resposta ás cuestións formuladas polos cidadáns.

“Ti opinas” será a voz dos lucenses. Recolleranse as súas opinións sobre os temas máis actuais do panorama galego. Con estes espazos, a Fundación TIC pretende abrir a comunicación á pluralidade.

Exit mobile version