Site icon Crónica3.com A Mariña

O BNG de Barreiros pide ao alcalde diálogo cos grupos políticos e cos veciños e retomar a comisión da A8

Nota de Prensa

O BNG PÍDELLE AO ALCALDE DE BARREIROS DIÁLOGO COS GRUPOS POLÍTICOS E COS VECIÑOS PARA REANUDAR OS TRABALLOS DA COMISIÓN DE SEGUIMENTO DAS OBRAS DA A-8. OS NACIONALISTAS SULIÑAN A APROBACIÓN POR UNANIMIDADE DUNHA MOCIÓN SOBRE OS ACCESOS DESE VIAL EN ESTACAXUGOS.

Barreiros, 30 de setembro de 2009. O BNG valora de xeito positivo que no pleno do pasado luns en Barreiros se aprobase unha iniciativa dos nacionalistas sobre os accesos á A-8 na zona de Estacaxugos. O portavoz, Antonio Veiga, sinala que “ese vial de acceso á autovía desde a N-634 cortaba totalmente o camiño Real, o máis antigo que atravesa San Cosme, perxudicando a propietarios que teñen fincas dun lado e doutro dese novo acceso á autovía. As alternativas que plantexaron os veciños, que xa lles fixeron chegar ao Ministerio de Fomento e que nos explicaron a nós, solicitaban que se fixeran de vías de servizo por cada un dos lados do acceso á autovía e tamén un paso elevado”.

Veiga Outeiro engade que “despois do debate desta moción se chegou ao acordo definitivo de que o Concello de Barreiros se dirixirá ao Ministerio de Fomento solicitando ditas propostas, vías de servizo e paso elevado, na zona mencionada, eso sí, coa salvedade de que se fixese antes que a obra quede rematada. Desde a alcaldía poñíase coma disculpa o futuro enlace do corredor coa A-8, pero vendo os orzamentos que se presentaron non sabemos para cando será ese corredor e os veciños desa zona non poden agardar por esas alternativas tantos anos”.

No pleno do pasado luns xurdiu de novo o tema da comisión de seguimento das obras da A-8 en Barreiros. O portavoz nacionalista lembra que “se creou a instancias do BNG e que ate rematar o ano 2008 funcionou. O alcalde ainda hoxe non deu dado unha razón convincente de porqué esa comisión de seguimento non continúa adiante, a pesares dos frutos que deu en San Miguel, en Celeiro de Mariñaos onde sí se fixo traballo de campo e se levaron logo esas propostas ás empresas constructoras da autovía. Temos que dicir tamén que a empresa constructora da autovía é das máis interesadas en solucionar os problemas aos veciños e nada hai que dicir a respecto delas porque son sempre as primeiras coas que chocan os veciños cando existe un problema”.

Antonio Veiga considera que “o problema que hai detrás é político e a solución que nós dábamos para solucionar todo esto era esa comisión de seguimento feita con rigurosidade, incluso o alcalde se ofrecera a prestar todos os servizos técnicos que fixeran falta, pero todo quedou en fume. Parace ser que á alcaldía non lle interesa para nada o contacto directo dos veciños con toda a Corporación. Da a impresión que Alfonso Fuente quere levar este Concello e os seus asuntos como si lle competeran exclusivamente a él, e a él compételle buscar solucións, pero tamén que os membros da Corporación sexan escoitados e que poidan plantexar as súas propostas cando hai problemas, de feito para eso están as comisións. Creo que con esa comisión se resolverían  moitos problemas, por eso agardamos que desde a alcaldía se retome a postura do diálogo con todos os grupos políticos e cos veciños que teñen un problema”.

Exit mobile version