Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Burela tramita consolidar a zona do Perdouro como comercial e industrial

BURELA (FNC) .- O alcalde de Burela explicou que “nosoutros temos solicitado desde principios de ano unha modificación puntual das normas subsidiarias do planeamento de Burela na zona de O Perdouro, porque a queremos consolidar como comercial e industrial, regulala e normalizala para que se lle dea valor a aquel espazo”. Llano segue a relatar que “nós presentamos toda a documentación que nos requeriu a Xunta de Galicia naquel momento, envióuse e de volta mandáranos a petición de tres cuestións que tiñamos que resolver e que estaban relacionadas coa edificabilidade ou coa dotación que se vai a facer naquela zona. Todo foi subsanado e agora mandamos de novo a documentación á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestructuras e agardo que agora sí que vaia para adiante e poidamos deixar esto consolidado o antes posible”.

Exit mobile version