Site icon Crónica3.com A Mariña

O Inludes dispón 700 mil euros para axudas a autónomos

LUGO .- O Inludes dispón 700 mil euros para axudas para gastos correntes a autónomos, a través do programa de Apoio ó Tecido Empresarial. Os beneficiarios deben desenvolver a súa actividade na provincia, cumprir a condición de PEME e obtiveron en 2008 unha renda neta inferior ó Indicador Público de Renda de Efectos Múltiples (IPREM) anual, que se cifra en 7.236 euros.

e colectivo, converténdose nunha das poucas Deputacións de España que impulsa un programa destas características

Nota de Prensa

Aprobadas as axudas que o INLUDES concede ós autónomos da provincia en 2009

– O prazo de solicitude comezará a mediados de setembro e as bases xa están colgadas na páxina web da Deputación

– A través do programa de Apoio ó Tecido Empresarial, dotado con 700.000 euros, o organismo provincial subvencionará gastos correntes deste colectivo, converténdose nunha das poucas Deputacións de España que impulsa un programa destas características

A Comisión Executiva do Instituto de Desenvolvemento Económico e Social (INLUDES), presidida polo Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, aprobou este luns as axudas do Programa de Apoio ó Tecido Empresarial para este ano, das que se beneficiarán uns 400 empresarios da provincia. O prazo de solicitude comezará a mediados de setembro e as bases xa poden consultarse na páxina web do organismo provincial.

Os beneficiarios teñen que reunir as seguintes condicións: desenvolver a súa actividade na provincia, cumprir a condición de PEME e obtiveron en 2008 unha renda neta inferior ó Indicador Público de Renda de Efectos Múltiples (IPREM) anual, que se cifra en 7.236 euros.

Con estas axudas, a Deputación subvencionará gastos correntes deste colectivo, tales como recibos de luz e teléfono, seguros ou aluguer, de tal xeito que a institución provincial aforra cartos ós autónomos e lles axuda a manter o seu negocio nun momento de crise económica como o actual.

O organismo provincial convértese así nunha das poucas Deputacións de España que impulsa unha medida destas características. A esta iniciativa destina 700.000 euros. É un programa moi realista, moi práctico e elaborado desde o sentido común, xa que se subvencionará ata 100% destes gastos ata un máximo de 3.000 euros por autónomo.

O 1 de agosto de 2009 a provincia de Lugo rexistrou 39.876 afiliacións á Seguridade Social na modalidade de autónomos, o que representa o 30% das cotizacións na nosa provincia. Este colectivo representa o 62% do tecido empresarial lucense, é dicir, das aproximadamente 25.000 empresas que hai na provincia, unhas 15.600 teñen como condición xurídica a persoa física.

Exit mobile version