Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello promocionará Burela Turística por medio dun equipo de fútbol sa da liga autonómica

BURELA (FNC) .- A Delegación de Turismo, da que é responsable José González Legazpi, ven de establecer as liñas de cooperación coa Sociedade Cultural Deportivo Recreativa Palestina “co fin de aproveitar a súa práctica deportiva para a promoción turística do Concello de Burela”. A campaña que será presentada nos vindeiros días abarca a tempada de fútbol sala 2009-2010 na liga autonómica.

González Legazpi sinala que “considerando que as institucións municipais poden e deben establecer criterios no senso de pluralizar condicións positivas de reciprocidade, de tal xeito que as medidas de apoio aos diferentes sectores locais para o seu normal desenvolvemento acheguen tamén no posible aspectos favorables aos concellos, dende a Delegación de Turismo de Burela e xunto coa Delegación municipal de Deportes temos establecido un acordo de cooperación coa Sociedade C.D. R. Palestina, de tal xeito que o lema Burela Turística é a denominación oficial do equipo de fútbol sala que participa na liga autonómica nesta tempada 2009-2010”.

O edil de Turismo destaca “a importancia desta nova posibilidade de divulgación turística municipal, que terá repercusión dentro da nosa comunidade autónoma e por tanto reforzará con seguridade os aspectos turísticos de proximidade do Concello de Burela, ao tempo que mellorará tamén ás condicións de desestacionalización necesarias para a potenciación do turismo de condición permanente”. González Legazpi agradece “a boa disposición da Sociedade C.D.R. Palestina para acadar este acordo polo que o equipo de fútbol sala dependente desta organización asociativa levará por toda Galicia a denominación Burela Turística e desexo tamén que a súa andaina na nova categoría autonómica sexa positiva de cara aos intereses de progresión deste clube que está a facer un meritorio traballo deportivo e tamén no senso de incrementar as posibilidades de Burela como destino turístico dentro da comarca da Mariña”.

Exit mobile version