Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP critica que se volva anunciar transferencias de estradas a concellos

NOTA DE PRENSA
* O GPPP critica que Besteiro se adique a inaugurar obras de “a doce mil euros”.
* O portavoz adxunto dos populares, José María González Barcia, pídelle “menos anuncios e máis traballo”.
* Os populares critican que se volva a anunciar a transferencia de estradas a concellos.

Lugo, 21.09.09.- O GPPP acusou hoxe ó PSOE e a Goméz Besteiro de “inaugurar obras de a doce mil euros cada unha polos concellos da provincia co único fin de exhibirse e darse autopropaganda”. Os populares lembran que esa liña de subvencións fora incluso levada ós tribunais polos socialistas, que agora úsana para pagar favores políticos a persoas afíns ós socialistas.

O voceiro adxunto do GPPP, José María González Barcia, considera que Besteiro tén que facer menos anuncios e traballar máis, así como pasar algo máis de tempo na Deputación. “Ainda que, claro, indicou Barcia, eso é mui difícil: pedirlle traballo a quen non foi capaz de sacar adiante o PXOM da cidade de Lugo en nove anos, é pedir un imposible, e pedirlle presencia na Deputación a unha persoa que é concelleiro en Lugo, secretario local do PSOE e home-anuncio, atopa como resultado que Besteiro adica o pouco tempo que lle queda das anteriores actividades a estar no seu despacho e exercer de Presidente da Deputación para todos os lucenses”.

González Barcia considera que “é triste que un presidente da Deputación teña que recurrir a inauguracións de obras de a doce mil euros para facerse autobombo, e non produce máis ca vergoña allea. Case sale máis caro o desprazamento de Besteiro e todo o séquito que vai con el cas mesmas obras que inaugura”.

Ademais, o portavoz adxunto do GPPP lembrou que as obras de comunidades veciñais para o presente exercicio ainda están sen resolver e explicou por que: “Antonio Gato está mans na masa na cociña para tentar casar todolos potingues e que non se desvíe ningunha subvención a persoas que non sexan afíns ós socialistas, e vese que lle está adicando tempo”.

Finalmente, Barcia indicou que “ó bigoberno provincial acábanselle as ideas, porque é mal síntoma que volvan a falar de transferencias de carreteras ós concellos. Os concellos non son tontos, e xa solicitarán a transferencia cando lles interese, como o proba que no que vai de mandato só foran dúas transferencias das indicadas ó pleno da Deputación.

Exit mobile version