Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP de Burela pide a colocación de carteis nos colectores e alumeado público e arranxar o sinal da TDT

NOTA DE PRENSA
O GMPP cre que o alcalde enganou ós veciños coa finca do Campón.

Luis Pedre afirma que o alcalde pode actuar de oficio.

Piden que se prohiba a colocación de carteis en contenedores e alumiado público e que se arranxe o sinal da TDT.

O GMPP denunciou hoxe a deixadez e os enganos do alcalde e pouca preocupación que hai por cuestións medioambientais elementais dentro do bigoberno burelés.

O concelleiro popular Luis Pedre lembrou que hai xustamente dous meses e medio (principios de Xullo do presente ano), e despois de que varios veciños foran polo concello denunciar a situación, o alcalde anunciou que se actuaría “inmediatamente” na finca do Parque de O Campón que está anegada de auga, xenerando a presencia de bichos e insectos que se introducen nas vivendas veciñas, e cuns problemas de seguridade importantes.

Pois ben, segundo Luis Pedre, “ dous meses e medio despois o alcalde nada fixo, co que temos que deducir, unha vez máis, que se adicou a decirlles que sí ós veciños para sacalos de diante, anunciou irresponsablemente unha actuación que non fixo, e que agora é incapaz de recoñecer semellante engano. O preocupante é que se este home se comporta así con estas cuestións, non sabemos como pode comportarse en cuestións máis serias”.

Para os populares, esta actuación é mostra da vagancia deste alcalde que debería de saber que en situacións coma as que presenta a indicada finca o alcalde pode actuar de oficio por cuestións de saúde pública e seguridade.

Ademais, Luis Pedre manifestou que desde o GMPP denuncian a escasa preocupación por cuestións que medioambiental e esteticamente son relevantes e non teñen excesivo custo: por exemplo, a colocación de carteis anunciadores nos contenedores, ou tamén nos báculos do alumiado público. Medioambientalmente din mui pouco do concello, e esteticamente son un desastre, co que a imaxe que se dá é de desidia e deixadez, e seguro que os nosos visitantes se podían levar unha imaxe máis favorable para os intereses do concello.

Polo tanto, pedimos que se actúe con certa celeridade ó respecto e se prohiban tales situacións.

Por outra banda, Luis Pedre afirmou que hai moitas queixas pola recepción do sinal da TDT. O alcalde dixo que veríamos a TDT de forma inmellorable. Efectivamente, a TDT vese de forma inmellorable… cando se ve, porque en Burela hai moitos tramos do día en que, sencillamente, non se ve. Polo tanto, desde o PP pedímoslle que se aplique na resolución dos problemas do día a día, e que se deixe de facer anuncios que logo non se cumplen, ou se cumplen a medias.

Exit mobile version