Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP de Burela pide información puntual do PXOM

NOTA DE PRENSA

O GMPP solicita información puntual do PXOM.

Aseguran que non se lles informou do Documento de Inicio.

Os populares afirman que o alcalde ocultou o envío de tal documento .

O GMPP de Burela pideu onte por escrito que se cree unha comisión especial informativa e de seguemento do Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM), que estaría composta por dous concelleiros de cada grupo político xunto co alcalde e os técnicos municipal e da empresa redactora do PXOM, así como que se estableza un calendario de reunións.

Os populares fixeron esta solicitude formalmente con ánimo totalmente constructivo, e con afán de colaborar, porque consideran que a elaboración de tal documento, que tén unha enorme importancia, debe ter o máximo consenso posible, e que o grupo maioritario da corporación, o PP, debe contar con toda a información ó respecto.

Outro dos motivos que moven ós populares a realizar tal petición radica no envío do Documento de Inicio do PXOM á Xunta de Galicia. Tal documento foi enviado en Xuño, e en ningún momento se mantivo ningunha reunión previa para informar do contido do indicado documento.

Por eso, porque non houbo ningunha reunión previa, e porque tampouco se informou desde a alcaldía que se enviara, xa que o PP enterouse de tal envío mirando o rexistro de saída municipal, xa hai motivos suficientes para formular tal solicitude de traslado de información.

Os populares lembran que o alcalde, no seu momento, dixo que o PXOM ía ser participativo, que todo o mundo tería dereito a opinar. Pois ben, comenzando o traballo e o alcalde practicando xa de inmediato o engano, algo ó que xa nos tén habituados e por eso estamos alerta. Porque a mellor forma de comenzar os traballos do PXOM sería convocar ós grupos políticos para explicarlles o contido do Documento de Inicio. O alcalde non se dignou a tal baixeza, ou ó mellor se esqueceu, algo ó que tamén nos tén acostumados.

Os populares lembran que a tramitación do PXOM que comenzara a facer o PP fora exemplar, porque se convocara ós veciños a unha reunión na Casa da Cultura para informalos do avance do PXOM e abrírase un prazo de suxerencias, previo ó de alegacións.

Finalmente, o GMPP lembra que o alcalde tardou un ano, retraso ó que xa nos tén acostumados, en tramitar e formalizar a adxudicación destes traballos: o noso alcalde sempre anda por Canarias.

Exit mobile version