Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP de Burela vai facer grupos de traballo por barrios

NOTA DE PRENSA
O PP afirma que as reunións coa Xunta continuarán no futuro.

Pídenlle ó alcalde, xa que non traballa, que deixe traballar ós demais.

Os populares comenzaron onte a perfilar os grupos de traballo de barrios.

O PP de Burela asegurou hoxe que a postura do alcalde burelés con respecto ás reunións mantidas por José María González Barcia en Santiago o pasado martes son a demostración da incapacidade e da despreocupación que mostra o alcalde, rebestidas dun cinismo e retranca impresentables

Os populares, a través do seu portavoz Bruno Pedre, aseguran que é a primeira vez que un alcalde que se precie fai semellantes declaracións, porque os cidadáns alucinamos ao oilas. O que tén que facer, ademais de traballar, é precisamente respectar o traballo do grupo da oposición, e valoralo na súa xusta medida. As manifestacións de Alfredo Llano descalifícanse por si mesmas, e son o máis claro exemplo da falla de proxecto para Burela deste home e tamén do bigoberno.

O portavoz do comité local dos populares lembrou que todas as obras que se fixeron nos últimos anos no porto e tamén as que se están a facer están no Plano Director do Porto de Burela, deseñado a finais de 2004 e princípios de 2005 polo sector pesqueiro burelés e a Xunta do PP, coa colaboración do Concello. Por eso o alcalde non sabe de que fala, cando fala do porto, e mellor lle era estar calado.

Ademais, Bruno Pedre lembra que o alcalde tén certa experiência no que agora lle critica a González Barcia: nunha visita da Conselleira de Política Territorial do bipartito, Llano “infiltrouse” na comitiva oficial sen ser nin tan siquera candidato oficial do PSOE, e mesmo anunciou un convenio da Xunta e de Fomento para o novo edifício de Capitanía, que, cousa curiosa, xa fora xestionada por González Barcia.

Os cidadáns de Burela o que lle piden ó alcalde é traballo para xustificar como se merece os corenta e cinco mil euros que cobra ó ano. Precisamente o PP tén que traballar porque o alcalde nin fai nada, nin fixo nada cando puido, co bipartito na Xunta.

Por outra banda, Bruno Pedre informou que onte, nunha reunión do Comité Local do partido, comenzaron os traballos para a reorganización do partido, perfilando xa os equipos humanos que formarán os grupos de traballo por barrios.

Exit mobile version