Site icon Crónica3.com A Mariña

Para o PP o programa Km0 é “o autobombo de Besteiro”

NOTA DE PRENSA
* GPPP acusa ó PSOE de rirse dos veciños da provincia de Lugo.
* O portavoz adxunto dos populares, José María González Barcia, afirma que o Km0 é “o autobombo de Besteiro”.
* Os populares lembran que o PSOE opúxose na Deputación á creación dun fondo de axuda ós autónomos.

Lugo, 18.09.09.- O GPPP acusou hoxe ó PSOE e a Goméz Besteiro de “despreciar e rirse dos veciños da provincia” a base de efectuar gastos suntuarios e despilfarro: o coche do presidente, máis de medio millón de euros en reformas de locais no Pazo Provincial, máis de dous millóns de euros en facturas que houbo que validar porque tiñan informe desfavorable de intervención, e agora tamén cos vós en helicóptero e os gastos desmesurados nas viaxes do Km0.

O portavoz adxunto dos populares, José María González Barcia, pideu públicamente que se modifique a estructura do Km0: para Barcia, nos momentos de crise en que estamos, a promoción da provincia debe pasar por potenciar os traballos que en materia de turismo están a facer os concellos, e desde a Deputación as aportacións a tal efecto non existen. Barcia tamén entende que habería que establecer unha liña de axudas directas para os empresarios da hostelería e favorecer a implantación de establecementos hosteleiros. E para eso, segundo o portavoz adxunto dos populares, é preciso eliminar gastos suntuarios e superfluos do programa do Km0. En definitiva, trátase de rentabilizar ó máximo os cartos públicos.

O que pasa, indicou Barcia, é que a política turística da Deputación está en mans do BNG, que tira por un lado, mentres Besteiro invéntase o programa do Km0 para darse autobombo e autopromocionarse con cartos públicos.

González Barcia pregúntase de onde saca Lara Méndez tantos postos de traballo. Barcia dixo que o que sí é certo é que os socialistas non son quen para falar de xeneración de emprego, e xa non polas enormes cifras de paro que hai no país, senón porque se opuxeron no seu momento a unha moción presentada polo PP na Deputación para a creación dun fondo por parte da Deputación de seis millóns de euros, mil millóns das antigas pesetas, para, precisamente, crear emprego directo por parte do tecido empresarial da provincia, indicou o portavoz adxunto dos populares, e tamén se opuxeron á creación de outra liña de axudas directas ós autónomos, presentada tamén polo PP.

Barcia ratificou punto por punto que hai menús que se conforman con marisco e citou o que tomaron un grupo de veciños de Sober, que consistíu en percebes, abundantes, e bogavante, e igualmente outro grupo de Guitiriz, con almejas e percebes. Para os socialistas esto non é marisco, é outra cousa. Agora que cada quen saque as súas conclusións, indicou González Barcia.

Exit mobile version