Site icon Crónica3.com A Mariña

Pérez Touriño asistirá a unha “bonitada” que organiza o PSOE de Burela

Nota de Prensa

V BONITADA PSdeG-PSOE BURELA

Os socialistas de Burela celebrarán unha comida de confraternización, como é tradicional dende fai cinco anos. O almorzo popular, que ten un prezo de 20 € (xamón cocido, mexilóns, bonito, postre, bebida e café) levarase a cabo na área recreativa do Monte Castelo o día 19 de setembro ás 14 horas.

Asistirán o grupo municipal de goberno, encabezado polo Alcalde de Burela,AlfredoLlano,O Secretario Xeral Nacional , o ex Presidente da Xunta Emilio Pérez Touriño , o Secretario Provincial e Senador Luis Angel Lago Lage , a Vicepresidenta da Diputación Lara Méndez , o Diputado Autonómico Ismael Rego , Alcaldes e compañeiros das distintas agrupacións

O PSdeG-PSOE de Burela, conmemora esta xornada de exaltación do bonito como unha mostra de apoio aos traballadores e traballadoras que co seu duro labor ensalzan e danlle valor á marca Bonito do Norte, e así mesmo, amosase como un acto reivindicativo para seguir na liña de estar sempre na vanguardia da loita pola dignidade e igualdade no traballo. Servirá tamén para marcar as liñas de acción no futuro, tanto do grupo de goberno do Concello, como das agrupacións mariñáns e do PSdeG en xeral, para seguir defendendo as conquistas sociais acadadas no goberno socialista da Xunta, e de traballar, neste momento de crise económica mundial, para axudar aos sectores económicos e sociais máis desfavoracidos.

Exit mobile version