Site icon Crónica3.com A Mariña

Ración a 5 euros nas xornadas gastronómicas do peixe espada que se celebrarán en Burela

Na ponte do Pilar, os días 9, 10 e 11 de outubro, celebraranse en Burela as Xornadas Gastronómicas do Peixe Espada. A delegada de Mar do Concello de Burela  Remedios López, explicou que “estamos mirando de encargar o peixe a unha empresa de peixe conxelado, xa que por exemplo esta semana, na lonxa de Burela, houbo peixe espada, pero fresco, non conxelado”. Remedios López explicou que “a ración do peixe espada á grella, en 5 euros . Logo despois, cada restaurante elaborará novos pratos ós que poñerán o prezo segundo eles consideren e vexan máis axeitado”

Exit mobile version