Site icon Crónica3.com A Mariña

Ve o PP a Gómez Besteiro “derrrochador, insolidario e irresponsable”, polos vós en helicópteros de Km0

Nota de Prensa

O GPPP acusa a Besteiro de derrochar cartos de todos os lucenses.
Os populares piden que lles explique ós parados da provincia canto se gasta no Km0.

O GPPP acusou hoxe ó presidente da Deputación, Gómez Besteiro, de “derrrochador, insolidario e irresponsable”, por poñer en marcha os vós de helicópteros na provincia cando moitos cidadáns lucenses están a vivir serios apuros económicos.
O GPPP considera que Besteiro está actuando últimamente con aires de grandeza e cunha irresponsabilidade tal que está xa rozando o ridículo.
Os populares pídenlle a Besteiro que explique claramente canto custa este servicio para as arcas da Deputación e cal sería a alternativa  se eses cartos e esforzos se investirán na vertebración territorial e socioeconómica da provincia. De feito, o GPPP solicitou hoxe os contratos pertinentes coa empresa de helicópteros que prestará o servicio. Non é normal que se despilfarren fondos públicos deste xeito, sexan moitos ou poucos, cando faltan parques empresariais na provincia e moitas actuacións en materia de infraestructuras están paralizadas desde hai dous anos. Precisamente neste campo é onde tiña que poñer o seu máximo interese Besteiro.
O GPPP, que non nega que esta medida podería ser positiva nunha época de bonanza económica de térense resoltos moitos problemas que se plantexan hoxendía, considera que a Deputación de Besteiro derrocha cartos de todos os lucenses con este tipo de actuacións, ó que se lles pode engadir outros dispendios no Km0: adxudicacións de certos servicios dentro deste programa ás mesmas empresas, menús a base de marisco en certas viaxes, etc.
Para o GPPP, Besteiro é insolidario porque debería explicarlle ós cidadáns desta provincia porqué se opón á gratuidade solidaria plantexada pola Xunta para os libros de texto e en troques despilfarra fondos públicos. Non se entende mui ben que o presidente da Deputación demande xustiza social á Xunta e el pola súa banda se encargue de soltar dilapidar os cartos de todos os cidadáns desta provincia polo aire.
E por último, o GPPP considera que xa está ben de autobombo. O que se lle pide ó presidente da Deputación é que goberne e que xestione axeitadamente os cartos de todos os lucenses. Pero Besteiro só busca  autopropaganda e para eso usa os medios da propia Deputación de forma exclusiva: a Ribadeo foron as cámaras e os micrófonos da Fundación TIC, que é un patronato que debería adicarse á formación e non á propaganda política do propio Besteiro, e hasta o propio fotógrafo da Deputación, cuestións que nos van ó bolsillo de todos os lucenses.  Polo ben da provincia e dos seus veciños, non é mui aconsellable que Besteiro que siga así.
Por último, os populares consideran que Besteiro quere semellarse ó emperador romano Vespasiano, famoso por darlles ós romanos “pan e circo”. Besteiro moito pan non dá, só ós que pensan coma el, pero as súas actuacións, as de Besteiro, son un auténtico circo. A diferencia é que Vespasiano deixou moitas infraestructuras para a posteridade e Besteiro irase deixando a provincia considerablemente peor de como a atopou.

Exit mobile version