Site icon Crónica3.com A Mariña

VII Feira de produtos da horta en Ribadeo con degustación gratuíta

RIBADEO (FNC) .- Ribadeo acollerá o vindeiro domingo a VII Feira de Produtos da Horta, coa que se pecha a tempada estival do tradicional mercado dos domingos. O alcalde, Fernando Suárez, convida a tódolos ribadenses e aos veciños da Mariña e do Occidente asturiano a participar nesta festa e a probar os produtos da horta na degustación gratuíta que terá lugar a partires das 13:00 horas da tarde.

O rexedor ribadense sinalou que “como alcalde de Ribadeo, quero convocar e convidar a tódolos veciños e veciñas deste concello e dos concellos de A Mariña e do Occidente de Asturias para que este vindeiro domingo veñan a Ribadeo a probar, a degustar, a mercar e a ver esta VII Feira de Produtos da Horta que se vai celebrar na Praza de Abastos. A parte do que vai ser a venda, coma sempre se fai nos mercados dos domingos, haberá coma tódolos anos unha pequena despedida con produtos da horta, xa que a partires das 13:00 horas da tarde farase unha degustación gratuíta con produtos que cederon os promotores”. O alcalde lembra que “este será o último domingo da época estival deste mercado que a partires de agora se celebrará o segundo domingo de cada mes”.

Fernando Suárez explicou que “calculamos que vai haber un total de trece postos, non soamente de produtores de horta senón tamén de pan, de marmelada, de carne, etc, etc, e se ben o ano pasado o Leader sufragou os custes desta feira, no pasado máis inmediato a Consellería de Medio Rural axudou, este ano non o quixo facer así, e este ano debémoslle agradecemento de maneira importante, senón non poderíamos levar esta feira adiante, á Deputación de Lugo, concretamente ao INLUDES, que é o Instituto Lucense de Desenvolvemento Económico e Social, xa que gracias á súa colaboración económica podemos celebrar este evento”.

Suárez engadiu que “esperamos que concorra moita xente para ver, mercar os produtos da horta destes artesáns, que son os nosos produtores, e que como non, que contribúan a degustar tódalas viandas que a partires das 13:00 horas da tarde poñeremos de maneira gratuita á disposición de todo o mundo que queira degustalas”.

Exit mobile version