Site icon Crónica3.com A Mariña

A asociación O Castro de Foz integrarase plenamente na Plataforma en Defensa da Área Sanitaria Norte

FOZ .- A Asociación O Castro de Foz integrarase plenamente na Plataforma en Defensa da Área Sanitaria Norte, decisión que adoptaron despois de informar “ós socios cales son as reivindicacións da Plataforma” e tras participar na xuntanza de asociacións na que, entre outros, aclaráronse os conceptos “área sanitaria”, “xestión integrada” e “xerencia única”.

Nota de Prensa

A Asociación de Veciños “O Castro” de Foz integrarase plenamente na Plataforma en Defensa da Área Sanitaria Norte
O pasado venres 30 de outubro tivo lugar unha reunión dos asociados convocada pola Xunta Directiva a fin de informar sobre a situación que se está vivindo na comarca en relación á xestión da área sanitaria de A Mariña. Trala aclaración dos puntos máis escuros, como era a distinción dos conceptos “área sanitaria”, “xestión integrada” e “xerencia única”, debateuse sobre as consecuencias que para A Mariña, en xeral, e para o concello de Foz, en particular, traería a centralización das xerencias sanitarias en Lugo. Neste sentido, informouse ós socios cales son as reivindicacións da Plataforma creada e tratouse a conveniencia ou non de que a Asociación de Veciños “O Castro” se integrase nela, tralo cal se deu o visto bo á súa participación plena.
Esta resposta dos socios manifestarase o vindeiro luns 2 de novembro, data na que está convocada unha nova reunión da Plataforma a fin de designar ós seus portavoces e fixar as actuacións a levar a cabo. A esta reunión está previsto que asista a súa presidenta, Fátima Rodríguez Moreda,  en representación da Asociación de Veciños “O Castro”.

Exit mobile version