Site icon Crónica3.com A Mariña

A asociación Arrincadeira continúa a recuperación da memoria gráfica de Riotorto

RIOTORTO.- A asociación cultural Arrincadeira de Riotorto programou unha charla presentación do seu proxecto “Riotorto no tempo“, iniciativa que pretende amosar unha historia gráfica do concello a través das fotos, coa finalidade de introducir aos usuarios da aula de Dinamización no funcionamento do proxecto para que poidan colaborar nel, ben comentando as fotos da páxina ou ben aportando novas imaxes.

Nota de Prensa

Presentación da páxina Riotorto no tempo
O vindeiro día 15 de outubro, ás seis e media da tarde, terá lugar na Aula de Dinamización de Riotorto, situada no Centro Sociocultural, unha charla-presentación da páxina web de Riotorto no tempo, que presentamos o pasado día 23 de agosto.
Esta actividade ten como obxectivo introducir aos usuarios da Aula de Dinamización no funcionamento do proxecto para que poidan colaborar nel, ben comentando as fotos da páxina ou ben aportando novas imaxes. Deste xeito, pretendemos familiarizar coas novas tecnoloxías sobre todo á xente maior de Riotorto, cun tema que de seguro será do seu agrado e no que poden ser unha valiosa fonte de información.
www.arrincadeira.org
www.riotortonotempo.org
http://dinamiza.sociedadedainformacion.eu/web2/centro.php?cod_centro=106

Do 15/10/09 ao 15/10/09

* Duración: 2horas
* Horario: 18:30 a 20:30
* Lugar: Aula de Dinamización
* Concello: Riotorto
* Enderezo: Centro Sociocultural, Circunvalación S/N 27744
* Colectivo: Poboación en xeral
* Outras entidades/organismos implicados: Asociación Arrincadeira

Exit mobile version