Site icon Crónica3.com A Mariña

A asociación Atalaia asegura que poñen “os letreiros ás agachadas” a rúas de Ribadeo dedicadas a mulleres

RIBADEO .- A asociación ribadense Atalaia discrepa da concellería da Muller, Cultura e Educación e queixase de que as rúas con nomes dedicados a mulleres póñenlle “os letreiros ás agachadas, sen que o acto chegue a familiares, promotores, prensa …e sen ningunha homenaxe a estas mulleres que tanto fixeron por Ribadeo”.

Nota de Prensa
Desde a Concellaría da Muller, Cultura e Educación pedíusenos colaboración e propostas de nomes de mulleres para incluír no rueiro.

A estas mulleres que achegamos desprezoullas á hora de pór os seus nomes xa que ningún acto adornou o feito de descubrir as placas.

Suponse que todo isto formaría parte dunha Campaña de facer visible ás mulleres que fixeron algo por Ribadeo. Pero non. Ponse os letreiros ás agachadas, sen que o acto chegue a familiares, promotores, prensa …e sen ningunha homenaxe a estas mulleres que tanto fixeron por Ribadeo.

Non é así como debe ser pero é así como faise, desde Atalaia, condenamos esta forma de proceder e como esta Asociación cumpre os seus compromisos, achegamos “Algunhas mulleres que destacaron na Historia de Ribadeo”. Non son todas, temos moitos máis nomes e seguimos na procura porque temos o convencemento de que forman parte dese legado cultural que queremos deixar ao alcance de futuras xeracións
A publicación está xa no noso sitio de google “Miradas desde Atalaia”

Exit mobile version