Site icon Crónica3.com A Mariña

A asociación Amado Lar do Valadouro presenta o programa de actividades

O VALADOURO .- A Asociación Cultural Amado Lar do Valadouro ten previsto celebrar a presentación das súas actividades o vindeiro día 2 de novembro ás 21:30h. no local social que a asociación ten na Rúa Fotenova, 9 en Ferreira do Valadouro.

As actividades que estamos a organizar son as seguintes:

BAILE FOLCLÓRICO E MÚSICA TRADICIONAL
BAILES DE SALÓN (tanto baile de festa como de competición)
BATUKA
AEROBIC
PILATES
TAICHI
ENCAIXE DE BOLILLOS

Esta actividades van dirixidas a todos o públicos, polo que animamos a participar a todos os nosos veciños e veciñas, así como tamén xente de toda a comarca.

Exit mobile version