Site icon Crónica3.com A Mariña

A asociación de Gaiteiros Galegos organiza o IV Congreso de ensinantes de música tradicional

LUGO .-  A Asociación de Gaiteiros Galegos organiza a IV edición do Congreso de ensinantes de música tradicional galega durante os días 30, 31 de outubro e 1 de Novembro no Auditorio da Facultade de Veterinaria da cidade de Lugo. Este congreso “pretende ofrecer aos asistentes coñecementos e recursos para o ensino da música tradicional nos diferentes ámbitos educativos, pero sobre todo, pretende concienciar da importancia que ten utilizalos”

Nota de Prensa

A AGG ORGANIZA A IV EDICIÓN DO CONGRESO DE ENSINANTES DE MÚSICA TRADICIONAL GALEGA QUE TERÁ LUGAR OS PRÓXIMOS DÍAS 30, 31 DE OUTUBRO E 1 DE NOVEMBRO EN LUGO.

O IV Congreso de ensinantes de música tradicional galega conta co patrocinio da Vicepresidencia primeira da Deputación de Lugo e a AS-PG, e coa colaboración de CIG-Ensino.

LUGO, a 29 de outubro de 2009. A Asociación de Gaiteiros Galegos organiza a IV edición do Congreso de ensinantes de música tradicional galega co patrocinio da Vicepresidencia primeira da Deputación de Lugo e a AS-PG, e a colaboración de CIG-Ensino. Será durante os días 30, 31 de outubro e 1 de Novembro no Auditorio da Facultade de Veterinaria da cidade de Lugo.

O acto de apertura do congreso será o venres 30 de Outubro ás 16.40 h.
Calquera cultura que queira gozar de boa saúde haberá de preocuparse de ter presenza nos distintos ámbitos educativos, para facer chegar a súa historia e costumes dun xeito natural dende os primeiros anos, fomentando actitudes de respecto e valoración da mesma. Estamos a falar tanto do ensino obrigatorio, xa sexa público ou privado, como das universidades, escolas de música, conservatorios e todos aqueles lugares onde se produce un intercambio de coñecementos. Dende a Asociación de Gaiteiros Galegos coidamos imprescindible e necesario este proceso de transmisión, que constitúe o principal garante, non soamente da conservación das nosas tradicións, senón da súa utilidade na sociedade actual.

Este IV Congreso pretende ofrecer aos asistentes coñecementos e recursos para o ensino da música tradicional nos diferentes ámbitos educativos, pero sobre todo, pretende concienciar da importancia que ten utilizalos. Porque nos máis novos está o futuro e haberemos de saber como achegarlles tan importante legado para que o recoñezan come seu.

Exit mobile version