Site icon Crónica3.com A Mariña

A celebración de San Froilán na capital da provincia acapara protagonismo

LUGO.- O presidente da Deputación José Ramón Gómez Besteiro promociona os produtos autóctonos de Lugo no San Froilán invitado polos empresarios lucenses emigrados na Cidade Condal que organizan hai 14 anos estas festas. A vicepresidenta segunda, Lara Méndez,inaugurou a XIII edición da feira de Artesanfroilan, mostra que conta coa participación de 26 expositores.

NOTA DE PRENSA I de II

Artesáns de toda España amosan o seu interese pola feira de Artesanfroilán

– Lara Méndez inaugurou a XIII edición desta mostra coa participación de 26 expositores “da maior calidade”

– A mostra inclúe novidades no “stand” de Km0 con sorteos diarios de produtos autóctonos

A Vicepresidenta Segunda da Deputación de Lugo, Lara Méndez, acompañada do alcalde de Lugo, José López Orozco, a Concelleira de Cultura, Concepción Burgo, e o Subdelegado do Goberno lucense, José Vazquez Portomeñe, inaugurarou este sábado a XIII edición da feira de Artesanfroilán, organizada polo Centro de Artesanía e Deseño, dependente da institución provincial. Méndez, salientou o “esforzo realizado dende o CENTRAD, xa que un ano máis, e coincidindo cos festexos do San Froilán, Lugo acolle unha mostra que pon en valor a riqueza patrimonial, que mantén e potencializa a artesanía galega e  a luguesa en particular”. Méndez incidiu en que “ Artesanfroilán é ademais unha feira con recoñecemento estatal, xa que nesta edición, máis de 70 artesáns de todos os puntos do país, dende Castela e León e ata Andalucía, amosaron o seu interese”.

Neste senso, a Vicepresidenta Segunda do organismo provincial destacou “a complexidade de elixir os expositores “da maior calidade, entre as ducias de solicitudes recibidas para participar nesta mostra”. Da mesma maneira, o Alcalde de Lugo, José López Orozco, agradeceu a Deputación e o INLUDES que

“co seu traballo, outro ano máis a capital lucense acolle o mellor da artesanía, un traballo con imaxinación que sae das mans destes artistas”.

Artesanfroilán acolle na súa XIII edición 26 “stands” que se ubican na praza Anxo Fernández Gómez dende hoxe e ata o 12 de outubro. Artesáns de galegos e asturianos poñen á venda pezas de encaixes, arranxos florais, cartón-pedra, oleiría, vidro, marroquinería, metalistería, pratería, bonequería, xoguetes, téxtil, talla de madeira, serigrafía e xoiería.

A Vicepresidenta quixo ademais desculpar ao Presidente da Deputación pola súa ausencia neste acto “debido a coincidencia co día forte do San Froilán en Barcelona”.

Novidades no “stand” de Km0 a Compostela

A comitiva oficial aproveitou a ocasión para percorrer os postos instalados na mostra e conversar cos participantes para coñecer de primeira man a súas impresións. Lara Méndez visitou o “stand” de Km0 a Compostela onde se ofrece información sobre as rutas de peregrinación á capital galega e que discorren pola provincia lucense. Esta é unha iniciativa que converte a Deputación na primeira institución provincial cunha programación estable e previa á cita do Xacobeo 2010. Este ano ademais, incorporouse ao “stand” unha novidade: o sorteo diario de varios lotes de produtos autónomos galegos dentro da campaña do organismo provincial Lugo Sabe.

Nas instalacións de Km0 a Compostela haberá unha urna onde os clientes de Artesanfroilán poderán introducir os seus datas para participar no sorteo. A maiores, os días 5, 10, 11 e 12, tamén se sorteará unha cesta cunha grande variedade de produtos galegos.

Horarios e datas

Artesanfroilán estará instalado na Praza de Anxo Fernández Gómez ata o 12 de outubro co seguinte horario:

– os días 3, 6, 7, 8 e 9 de outubro: de 11:00 horas a 14:00 horas e de 17:00 á  21:30.

– os días 4, 5, 10, e 11 de outubro: de 11:00 horas a 15:00 e de 17:00 horas á 22:00.

– o 12 de outubro: de 11:00 horas a 15:00 e de 17:00 a 21:00.

NOTA DE PRENSA e II

Gómez Besteiro promociona os produtos autóctonos de Lugo no San Froilán en Barcelona

– O Presidente da Deputación foi invitado polos empresarios lucenses emigrados na Cidade Condal que organizan hai 14 anos estas festas.

– Besteiro promocionou as rutas xacobeas que atravesan a provincia a través do programa “Km0 a Compostela” porque “es una oportunidad económica que no vamos a dejar escapar”.

-O Centro de Artesanía e Deseño do organismo provincial elaborou e donou para a comunidade galega de Nou Barris unha talla de San Froilán.

O Presidente da Deputación de Lugo, José Ramón Gómez Besteiro, presentou a campaña de produtos autóctonos “Lugo Sabe” no stand de turismo que o organismo provincial trasladou a Barcelona con motivo da celebración do San Froilán. Gómez Besteiro acudiu invitado polos empresarios que organizaron para esta fin de semana a celebración do San Froilán no distrito barcelonés de Nou Barris. O titular do organismo provincial agradeceu “la promoción de los festejos lucenses en Cataluña, que gozan de un espacio privilegiado gracias al trabajo de los lugueses agrupados en este barrio como Asociación de Amigos del San Froilán”.

Besteiro, que estivo acompañado polo Alcalde de Barcelona, Jordi Hereu, e a rexidora do distrito de Nou Barris, Carmen Andrés, aproveitou a enorme afluencia de público para presentar as rutas xacobeas “que tienen 800 quilómetros a su paso por la provincia de Lugo, convirtiéndose en la gallega con mayor extensión y en puerta de entrada por excelencia del Camino en Galicia”. A Deputación de Lugo é a primeira administración galega que ten unha programación específica adicada ó Xacobeo 2010 -denominada “km0 a Compostela”-, “una oportunidad económica que no estamos dispuestos ni a dejar escapar ni a desperdiciar”, afirmou Gómez Besteiro, que recordou que terán que pasar 11 anos para o próximo Ano Santo.

En Nou Barris comeza a celebración do San Froilán o mesmo día que, de forma oficial, arranca en Lugo, polo que o mandatario provincial agradeceulle ó Alcalde barcelonés “su presencia en el acto, reforzando los vínculos de unión que siempre son productivos y rentables para todos”.

Os festexos teñen lugar desde hai 14 anos cando un grupo de empresarios lucenses quixeron traer o espíritu lucense ata Barcelona. Dende entón recupera o tradicional estilo popular con música galega, verbenas, sesión vermú ou a procesión do domingo –un dos principias acontecementos que este ano inclúe unha novidade: o paseo dunha nova talla do San Froilán elaborado e doado polo Centro de Artesanía e Deseño dependente da Deputación.

Neste senso, Gómez Besteiro concluiu que “el organismo provincial al que represento agradece de forma muy especial el trabajo y la dedicación de los lucenses emigrados en la promoción de una ciudad y de una provincia que nadie olvida: la vuestra”.

Exit mobile version