Site icon Crónica3.com A Mariña

A Deputación aprobou as contas do Plan de Comunicades Veciñais de varios concellos da Mariña

LUGO .- Na Xunta de Goberno tamén se deu o visto e prace a 15 contas xustificativas do Plan de Comunidades Veciñais de 2008, que suman 284.571 euros, dos que a Deputación achega 165.490. Pertencen ós Concellos de Baleira, Burela (2), Castroverde, Carballedo, Castro de Rei, Cervantes, Cervo, Cospeito, Foz, O Incio, O Páramo (2), Sober e Ribas de Sil.

NOTA DE PRENSA

Tal e como anunciou onte o Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, a Xunta de Goberno aprobou este venres, por vía de urxencia e fóra da orde do día, a adxudicación provisional do proxecto da Escola de Enxeñería Civil que a institución provincial construirá no Campus de Lugo. O voceiro provincial socialista, Antonio Gato Soengas, subliñou que “onte houbo a Mesa de Contratación na que a empresa seleccionada, das 27 que optaban á redacción do proxecto, foi PO2 Arquitectos e hoxe xa estamos aprobando a súa adxudicación. É un edificio prioritario tanto para nós como para a Universidade”.

Gato Soengas lembrou que a redacción do proxecto realizarase nun prazo de tres meses e supoñerá un investimento de 119.480 euros. O edificio custará 4 millóns de euros, que serán financiados ó 50% pola institución provincial e a USC.

Será un edificio funcional, no que se poida prestar unha formación académica de calidade. “Coa súa construción aumentamos a actividade universitaria. Logo da posta en funcionamento da UNED, agora ofrecémoslles ós estudantes da provincia e de toda Galicia a posibilidade de cursar tamén en Lugo as carreiras de Enxeñería de Obras Públicas e Topografía”.

O novo inmoble universitario terá 4.000 metros cadrados construídos, así como un espazo adicado ás prácticas coa creación de 8 laboratorios: 6 de topografía, catografía, teledetección, fotometría e proxectos, e 2 de materiais e xeotecnia. Ademais contará cun tanque de oleaxe.

Na Xunta de Goberno tamén se deu o visto e prace a 15 contas xustificativas do Plan de Comunidades Veciñais de 2008, que suman 284.571 euros, dos que a Deputación achega 165.490. Pertencen ós Concellos de Baleira, Burela (2), Castroverde, Carballedo, Castro de Rei, Cervantes, Cervo, Cospeito, Foz, O Incio, O Páramo (2), Sober e Ribas de Sil.

Exit mobile version